... ...
C++
Vocabulario

Xestor

O termo “xestor” emprégase para facer referencia a calquera técnica que permita acceder a outro obxecto. Trátase dun termo intencionalmente ambiguo, unha forma de non entrar en detalle sobre a forma en que se fai a referencia.

Hai casos en que esta ambigüidade resulta beneficiosa. Por exemplo, durante as primeiras etapas do deseño dun software, pode que aínda non estea preparado para decidir cal das representacións dun xestor vai empregar. Pode que non teña claro se vai empregar un punteiro, unha referencia, un punteiro a un punteiro, unha referencia a un punteiro, unha matriz con índices de tipo enteiro, cadeas de caracteres coas que buscar nunha táboa de relacións código-valor, etc. Se o único que se ten claro é que se necesitará de algo que identifique e faga referencia a un obxecto, “xestor” é a palabra a empregar.

C++
Vocabulario




  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]