... Ir a: Exercicios sobre te e che Ir a:  Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico ...

Ir a: Exercicios sobre te e che
Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 

En case toda Galicia encontramos o pronome "che" empregado no caso dativo e o pronome "te" empregado no caso acusativo ou como reflexivo, sistema este coincidente co presente na normativa da lingua galega. Agora ben, na área lingüística fisterrá (Santiago, Bembibre, Fisterra, Tambre, Barbanza) emprégase "che" tanto como dativo como acusativo, hai logo cheísmo. Mentres que na zona do Baixo Miño e en falas galegas-portuguesas empregan "te" tanto para acusativo como para dativo, producíndose teísmo:

Caso Forma estándar Formas do cheísmo Formas do teísmo
Acusativo te che te
Dativo che che te
Reflexivo te te te

Curso de L. Galega

Gramática

Historia da lingua

Como recoñecer e evitar o cheísmo?

Aínda que o preferible sería facelo de oído, hai uns cantos sistemas posibles, que se ben non son perfectos, poden axudar a reducir considerablemente o número de erros. Entre estes sistemas podemos distinguir os dous seguintes:

Pasando a pasiva

Para pasar unha oración a pasiva temos que coller o O.D. da activa e convertelo en suxeito da pasiva:

  • Collín mazás > As mazás foron collidas por min.

Pois ben, se unha frase, ó pasala a pasiva, ten como suxeito "ti", na activa hai que pór "te" (porque a un obxecto directo "te" lle corresponde un suxeito "ti" na pasiva), mentres que, se ten como suxeito na pasiva calquera elemento que non sexa unha segunda persoa de singular (ti), haberá que poñer "che", dado que o O.D. da activa non pode ser a segunda persoa que indica o persoal "te". Exemplos:

  • Chamei(¿te/che?) > Ti fuches chamada por min > Chameite
  • Busquei(¿te/che?) o libro > O libro foi buscado por min > Busqueiche o libro

Dirixindo a oración a "el" ou "ela" en vez de a "ti"

Se non sabemos se empregar "te" ou "che" nunha frase como

Esperei____ na rúa a ti,

non temos máis que recompoñer a frase dirixíndoa a unha terceira persoa en vez de a unha segunda:

Esperei ____ na rúa a el

e colocar no espazo indicado o pronome adecuado ("o", "lo", "no" ou "lle"). Se escollemos "no", estamos ante un O.D. e, se escollemos "lle", ante un O.I. A solución será espereino na rúa, e, dado que utilizamos o pronome de O.D. na oración superior, teremos que pór "te" porque é o pronome que indica tal función sintáctica: espereite na rúa:

Espereino na rúa a el > Espereite na rúa a ti

Se o resultado na frase dirixida a el fose "lle" teriamos que empregar na frase dirixida a ti "che":

busqueille o libro a el > busqueiche o libro a ti.

Do mesmo xeito, pode pasar que un mesmo verbo poida admitir os dous casos, polo que o devandito contraste na terceira persoa repítese na segunda. Por exemplo, con levar:

Leveino no coche > Leveite no coche
Leveille un agasallo > Leveiche un agasallo

Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 
Ir a: Exercicios sobre te e che





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]