... Ir a: Exercicios sobre o persoal...

Curso de L. Galega

Gramática

Historia da lingua

Ir a: Exercicios sobre o persoal

Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 

O pronome persoal é unha clase de palabras que designa as persoas que participan na comunicación e que agrupa os seguintes vocábulos:

Pronome persoal tónico
PersoaSuxeitoOblicuo libreOblicuo ligado
eumincomigo
2ª (T) titicontigo
2ª (V) vostedevostedeconsigo
el, elael, ela, siconsigo
nósnósconnosco
5ª (T) vósvósconvosco
5ª (V) vostedesvostedesconsigo
eles, elas, sieles, elas, siconsigo

Persoais oblicuos

  • Os pronomes oblicuos son aqueles persoais tónicos que aparecen precedidos por unha preposición e, xa que logo, desenvolven a función de termo no sintagma nominal, non podendo nunca ser suxeito.
    • min: Estiveron falando de min.
    • ti: Este xersei é para ti.
    • el, ela: Estás todo o día mirando para ela.
    • nós: Elas trouxeron ese agasallo para nós.
    • vós: Non esperaba iso de vós.
    • eles, elas: Podes ir xogar con eles.
  • Os pronomes oblicuos ligados chámanse así por formar parte do seu corpo fónico a preposición "con". Actúan como complementos circunstanciais de compañía.
    • comigo: Carme bailou comigo.
    • contigo: Túa nai quería falar contigo.
    • consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el.
    • connosco: Ven xantar connosco.
    • convosco: Vou xogar convosco.
    • consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas.

Nosoutros e vosoutros

Non son o mesmo ca nós e vós. Nosoutros e vosoutros ('nós ou vós, o/os presente/s, e mailos outros') refírense a un grupo pechado de individuos coñecido polo falante e polo oínte, polo que quedan excluídos deles tódolos individuos que non pertenzan a ese grupo:

Saberás que o Director díxonos a nós (a case tódolos alumnos do instituto) no Salón de actos que nosoutros (os presentes e o mailos demais alumnos de 4ºESO A) quedabamos castigados sen ir de excursión.

*Elo

O pronome neutro *elo, que existiu na lingua antiga, foi paulatinamente substituído por outros pronomes como o demostrativo neutro iso. Hoxe non existe, salvo en frases feitas como estar a elo.

Contraccións

O persoal oblicuo de terceira persoa contrae coas preposicións de e en:

 elelaeleselas
de deldeladelesdelas
en nelnelanelesnelas

Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 

Ir a: Exercicios sobre o persoal





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]