... Ir a:  Exercicios sobre o verbo  Ir a:  Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico ...

Curso de L. Galega

Gramática

Historia da lingua

Ir a:   Exercicios sobre o verbo 
Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 


Conxugar o infinitivo

Nota: As regras que a continuación se expoñen para a conxugación do infinitivo son unha simplificación. Normalmente abonda con llelas explicar ós alumnos, para que estes, aínda que castelán falantes, acaden unha certa seguridade no emprego. Así a todo, con esta simplificación non se abrangue a enorme cantidade de contextos en que o infinitivo pode aparecer, pero si moitos ou case todos aqueles en que pode ser conxugado.

Economía versus expresividade

Cando falamos, sen nos decatar, hai dúas forzas opostas que estamos considerando. Por unha banda, pretendemos ser expresivos, matizar adecuadamente aquilo que estamos a dicir; pola outra, pretendemos ser económicos, expresarnos coa menor cantidade de palabras posibles.

O infinitivo conxugado é un acto expresivo, pois explicita o suxeito do infinitivo cando sen el podería non ser evidente; pero non é un acto económico: ten o seu custo, pois supón engadir un elemento máis á cadea falada ou escrita.

Regra

¿Cando logo se poderá conxugar o infinitivo?

Conxugarase sempre que por expresividade se considere oportuno, xa que non é un acto de fala económico.

¿Cando é oportuno expresivamente?

  • Sempre que o infinitivo ademais de poder presentar o suxeito que ten, poida ter outros suxeitos, outros suxeitos correspondentes a outras persoas gramaticais.
  • Sempre que o infinitivo, por preceder ó verbo principal, clarifique antes de ser enunciado dito verbo o seu suxeito.

Exemplos

  • Vou ir polo coche para recoller o neno no cole

Recoller pode ter como suxeito "eu", "ti", "nós",... logo hai que conxugalo.

  • Para amañar o ascensor precisarías unha esqueira.

Cando se le o verbo, semella evidente que o suxeito do infinitivo é "ti", así a todo non é seguro. Podería ser Para (che) amañarmos (nós) o ascensor, precisarías unha escaleira. Sexa como sexa, como o infinitivo adianta o suxeito, hai que conxugalo.

Así a todo, é por ser a primeira vez que expresamos por escrito esta simplificación das complexísimas regras de conxugación do infinitivo, que serán obxecto dun outro galilibro, agradeceriamos que na páxina de discusión do presente artigo, os lectores puidesen criticar o aquí exposto co fin de melloralo, se é posible.


Ir a:   Exercicios sobre o verbo 
Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]