... Ir a:  Exercicios sobre o verbo  Ir a:  Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico ...

Curso de L. Galega

Gramática

Historia da lingua

Ir a:   Exercicios sobre o verbo 
Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 

Para ver as formas dos verbos regulares consúltese o paradigma dos verbos regulares.
Para ver os morfemas dos verbos regulares consúltese Morfemas dos verbos regulares.


  • Os verbos en -cer e en -cir son regulares: obedezo, obedeza... / traduzo, traduza..., traducín..., traducira..., traducise...
  • Os verbos rematados en -oar e -ear son regulares: nomear, amontoar.
  • Os verbos acabados en -aer, -oer, -aír, -oír:
·Pres. Ind.: moio moes moe moemos moedes moen.
·Imperf. Ind.: moía moías moía moïamos moïades moían.
·Pres Subx.: moia moias moia moiamos moiades moian.

A diérese débese á confusión de formas entre o imperfecto e o presente de subxuntivo.

Fan como moer: caer, choer, doer, moer, oír, proer, saír, traer e derivados

  • Verbos en -uír: argüír, atribuír, concluír, construír, contribuír, destituír, destruír, estatuír, imbuír, inmiscuír, recluír, restituír...
·Pres. Ind.: inclúo inclúes inclúe incluímos incluídes inclúen.
·Imperf.: incluía incluías incluía incluïamos incluïades incluían.
·Pres Subx.: inclúa inclúas inclúa incluamos incluades inclúan.
·Imperativo: inclúe incluíde.
  • Os verbos en -er (<eer) e -ir (<iir) como crer, descrer, ler, reler, sobreser, rir, sorrir:
  • Mantéñense como verbos da segunda en contraste co castelán: encher, erguer, esparexer, fender, ferver, premer, render, rexer, toller, xemer, bater (abater, combater, debater, embater, rebater), os derivados de correr: concorrer, discorrer, escorrer, incorrer, ocorrer, percorrer, recorrer, transcorrer, os derivados de romper: corromper, interromper, irromper, prorromper, os derivados de verter: converter, perverter, reverter, subverter; pero advertir e divertir).


Ir a:   Exercicios sobre o verbo 
Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]