... Ir a: Exercicios sobre o numeral Ir a:  Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico ...

Curso de L. Galega

Gramática

Historia da lingua

Ir a: Exercicios sobre o numeral
Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 

Que son os numerais?

Os numerais son os determinantes que acompañan un substantivo e indican cantidade exacta (cardinais), orde (ordinais), fraccións (partitivos) ou múltiplos (múltiplos).

Vexamos no seguinte cadro cómo se escriben:

 CardinaisOrdinaisPartitivosMultiplicativos
1un/unhaprimeiro-a  
2dous/dúassegundo-amedio-adobre (duplo, dupla)
3tresterceiro-aterzo-atriplo, tripla
4catrocuarto-acuarto-acuádruplo, cuádrupla
5cincoquinto-aquinto-aquíntuplo, quíntupla
6seissexto-asexto-aséxtuplo, séxtupla
7setesétimo-asétimo-aséptuplo, séptupla
8oitooitavo-aoitavo-aóctuplo, óctupla
9novenoveno-anoveno-a
nono-a
nónuplo, nónupla
10dezdécimo-adécimo-adécuplo, décupla
11onceundécimo-aonceavo-a 
12doceduodécimo
décimo segundo-a
doceavo-a 
13trecedécimo terceiro-atreceavo-a 
14catorcedécimo cuarto-acatorceavo-a 
15quincedécimo quinto-aquinceavo-a 
16dezaseisdécimo sexto-adezaseisavo-a 
17dezasetedécimo sétimo-adezaseteavo-a 
18dezaoitodécimo oitavo-adezaoitoavo-a 
19dezanovedécimo noveno-adezanoveavo-a 
20vintevixésimo-avinteavo-a 



21vinte e un, vinte e unha30trinta100cen
22vinte e dous, vinte e dúas31trinta e un200douscentos duascentas
23vinte e tres40corenta300trescentos, trescentas
24vinte e catro41corenta e un400catrocentos, catrocentas
25vinte e cinco50cincuenta500cincocentos-as, quiñentos-as
26vinte e seis60sesenta600seiscentos, seiscentas
27vinte e sete70setenta700setecentos setecentas
28vinte e oito80oitenta800oitocentos,oitocentas
29vinte e nove90noventa900novecentos, novecentas
1000mil   
10000dez mil   
1000000un millón   



Os números ordinais correspondentes son:

vixésimo primeirocuadraxésimononaxésimosexcentésimo
vixésimo segundocuadraxésimo primeirocentésimoseptixentésimo
vixésimo terceiroquincuaxésimoducentésimooctixentésimo
vixésimo cuartosesaxésimo ou sexaxésimotricentésimononixentésimo
trixésimoseptuaxésimocaudrincentésimomilésimo
trixésimo segundooctoxésimoquinxentésimomillonésimo
trixésimo terceiro   



Hai certos substantivos numerais ou colectivos relacionados cos numerais como:

  • par: un par de ollos
  • parella: unha parella de gatos
  • trío: eles forman un trío para cantar
  • docena/ducia: merquei unha ducia de ovos
  • cento: Xosé pesa un cento de quilos
  • milleiro: Diso fai un milleiro de anos
  • metade: Quero a metade da mazá

Para indicarmos orde tamén podemos empregar os numerais cardinais no canto dos ordinais, solución que mesmo nos parece aconsellable a partir do cardinal décimo noveno. Así, en vez de dicirmos a cláusula trixésimo segunda podemos dicir a cláusula trinta e dúas.


Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 
Ir a: Exercicios sobre o numeral





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]