... Adoitase dicir que o adxectivo desenvolve unha función secundaria, a de modificador dun núcleo nominal sobre o que incide semanticamente, ben aportando semas ó significado global do sintagma nomina...
Galilibro
O NOME
Delimitación
O nome
A transposición
O substantivo. Definición
O adxectivo. Definición
Morfoloxía do substantivo
Morfoloxía do adxectivo
Semántica do substantivo
Semántica do adxectivo
Función do substantivo
Función do adxectivo
Bibliografía

Adoitase dicir que o adxectivo desenvolve unha función secundaria, a de modificador dun núcleo nominal sobre o que incide semanticamente, ben aportando semas ó significado global do sintagma nominal (adxectivo especificativo), ben salientando semas xa presentes no núcleo do sintagma nominal (adxectivo especificativo).

Así a todo, e sen negar o anterior, as funcións do adxectivo son:

Nucleo dunha frase adxectiva

A frase pode ter as seguintes funcións:

  • Modificador do núcleo dunha frase nominal: O adxectivo acompaña ó substantivo dentro da frase nominal, calquera que sexa a función sintáctica desta dentro do enunciado:
    • Os países máis subdesenvolvidos da zona africana necesitan axuda moi urxente.
  • Atributo: con verbos "ser", "estar" e asimilados ("parecer(se)", "semellar",...):
    • A miña cadela é certamente rabena.
    • O Xoán parece moi amigable
  • Predicativo do suxeito
    • A avoa camiña tristeira (concordan en xº e nº).
    • O teu curmán pasea moi alegre (concordan en xº e nº).
  • Predicativo do obxecto directo: (concorda con el en xº e nº e modifica o verbo):
    • Bruno leva a camisa sucia.
    • O can ten moi curto o rabo.

Adverbialización ou núcleo dun sintagma adverbial

A frase adxectiva convértese en adverbio e desempeña a función propia dun adverbio:

  • Eles camiñan rápido'
  • Eles camiñan moi rápido'
  • Eles camiñan rápido rápido'

Substantivación ou nucleo dun sintagma nominal

Referímonos a substantivación sintáctica, ocasional, non á permanente ou léxica (galego, cantante,...):

  • A branca é a preferible, píntaa coa branca.

Ir a:   Curso de lingua galega ····· Hª do galego ····· Exercicios de morfosintaxe ····· Exercicios de ortografía ····· Exercicios de léxico 

  A Normativa oficial do galego (na wikipedia galega) 





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]