... ...
Galilibro
RECEITAS
DE FILLOAS
De anís
De caldo
De centeo
De leite
De sangue
De verdura ao forno
Gratinadas
Recheas
Queimadas
Canelóns

As receitas aquí expostas serán de carácter sinxelo, a fin de favorecer unha rápida comprensión das mesmas. Os produtos pódense atopar en calquer establecemento adicado a alimentación.

Ingredientes

  • 1 pata de porco (xeralmente a zona do pezuño)
  • 1 óso de cana
  • 4 ovos
  • 750 Grs de fariña (máis ou menos)
  • 2 litros de auga
  • 100 Grs de touciño (para preparar a tixola)
  • sal

Preparación e Presentación

  • Faise un caldo coa pata de porco (tamén se pode engadir tenreira) e o óso de cana nos 2 litros de auga, déixase cocer lentamente. Sepárase e déixase enfriar. Batense os ovos coma se fose para facer unha tortilla e botáselle unha taza de caldo (xa previamente feito) e mestúrase fariña coa premisa de que non se formen grumos (de suceder isto, terase que pasar a masa por un coador chinés). Para facer as filloas prepárase a tixola untándoa de touciño que estará cravado nun garfo. Cando xa estea quente engádeselle a ollo (como dúas culleradas) de masa de modo que cubra xusto o fondo da tixola cunha capa moi fina; o sobrante pódese escorrer (hai que procurar que as filloas sexan o máis finas posible).

Para voltar cando se vexa que medio quere dourarse, basta con arrimarlle a punta dun coitelo e cos dedos collela polas beiras e darlle a volta. Con caldo sobrante podese facer unha sopa de acompañamento para cando xa estean as filloas feitas.

Provén do artigo principal da Galipedia Filloa





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]