... ...

Complemento directo

O complemento directo (CD) achega o ser ou obxecto sobre o que recae a acción verbal.

Poden facer a función de obxecto directo un sintagma nominal sen preposición ou precedido pola preposición “a”, ou un pronome persoal átono: Cativaron unha ave preeira, cativárona.

Recoñecemento

Táboa cos pronomes persoais átonos de CD e CI.

O complemento directo pode ser substituído polos pronomes átonos de CD presentes cadro:


O complemento directo convértese en suxeito ó substituír ao pasar a pasiva (Só se poden pasar a pasiva algunhas oracións con verbos transitivos que teñen complemento directo):

O CD non concorda en número e persoa co verbo.

Exercicios

Calca para aumentar o tamaño
1. Pódese pasar a pasiva as seguintes oracións? Por que? Fai a pasiva.
  1. Xudas Iscariote foi un apóstolo de Xesús de Nazareth.
  2. O grou simboliza na heráldica o estado de espreita continuo.
  3. Alexander Graham Bell patentou o teléfono en 1876.
  4. Manuel Curros Enríquez morreu en 1908.
  5. O atol de Ujae creou unha lagoa de 185 km2.
  6. O teixugo escava numerosos tobos na terra.
  7. Ese gaivotón comeu as crías do teu parrulo engulíndoas enteiras.
Calca para aumentar o tamaño
2. Substitúe o CD por un pronome persoal átono.
  1. As enfermeiras arrefriaron o enfermo cun baño de auga morna.
  2. O construtor amorteceu o ruído do bar con cortiza.
  3. Hoxe ese recruta viu o sucedido por unha fenda da parede.
  4. O xardineiro cavará mañá unha gabia.
  5. Neste lugar construiremos rapidamente entre todos a latrina.
  6. Vou comprar o terreo lindante coa cabeceira da miña finca.
Calca para aumentar o tamaño
3. Indica o obxecto directo das seguintes oracións.
  1. As enfermeiras arrefriaron o enfermo cun baño de auga morna.
  2. O ciclista ten na deda gorda do pé esquerdo unha bocha.
  3. O construtor amorteceu o ruído do bar con cortiza.
  4. O oleiro esgotou pola mañá toda a arxila.
  5. Hoxe ese recruta viu o sucedido por unha fenda da parede .
  6. Nesa tenda só venden miudallas e cachifallos.
  7. Nunca na vida che me contaron un conto de lobishomes tan estraño.
  8. O xardineiro cavará mañá unha gabia.
  9. Un conduto entullado provocou a avaría e os problemas de subministro de auga.
  10. Neste lugar construiremos rapidamente entre todos a latrina.
  11. Vou comprar o terreo lindante coa cabeceira da miña finca.
  12. Túa curma sufriu un sinistro grave.

Solucións

Véxase tamén





  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]