... ...

Rexistrarse como usuario

Rexistrarse como usuario en Wikilibros non é obrigatorio para acceder aos seus fondos ou para editar as súas páxinas, pero dá numerosas vantaxes: facilita a comunicación entre os usuarios, outórgache unha páxina persoal e outra de discusión, permíteche seleccionar as páxinas que queres vixiar,... Do mesmo xeito que en calquera outro proxecto de Wikimedia, rexistrarse é gratis. Ademais, non se solicita información persoal do usuario, só fai falta que escollas un nome ou alcume de usuario e un contrasinal. Se queres, podes dar o teu enderezo de correo electrónico, o cal pode aparecer visible ou tamén podes ocultalo cando o desexes utilizando o enlace de preferencias.

Para crear unha conta de usuario

Ligazón para rexistrarse
  • Paso 1. Para crear unha conta de usuario prema en Rexistro, ligazón situada na parte superior dereita da ventá de Wikibooks. Accederá á páxina que presenta a primeira das imaxes ilustrativas.
  • Paso 2. Prema en crear unha conta e accederá á páxina que ten a segunda das imaxes ilustrativas. Escriba o alcume mediante o que desexa ser recoñecido e o contrasinal que usará (únicos datos obrigatorios). Pode tamén, se o desexa, introducir un enderezo de correo-e, pois permite que os demais usuarios contacten con vostede sen ter que lles revelar o seu enderezo de correo-e, e pode ser usado para lle enviar un novo contrasinal se o esquece.
  • Paso 3. Prema no botón “crea unha nova conta”.

Para acceder como usuario rexistrado

Para acceder como usuario rexistrado prema en Rexistro, a mesma ligazón, situada na parte superior dereita da ventá de Wikibooks, que empregou em primeiro lugar para crear unha conta. Escriba o seu nome de usuario e o seu contrasinal e prema en “Acceder ao sistema”.

Imaxes ilustrativas

Nota:Coloque o cursor do rato sobre a imaxe para ver a descrición da mesma.


Páxina para entrar rexistrado
Páxina para crear unha nova conta




  Go to top  

This article is issued from web site Wikibooks. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]