... ...
Abelás (á esquerda, froito con casca; á dereita, sen ela)
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abelá».
  • Pronuncia: [a.βeˈla] (AFI)

Substantivo feminino

abelá (sg: abelá; pl: abelás)

  1. Froito da abeleira. É seco, monospermo e indehiscente, con pericarpo (casca) leñoso de cor marrón que encerra unha semente oleaxinosa case esférica ou algo oblonga, duns 2 cm de diámetro.
    • Exemplo: Esta abeleira vella case non produce abelás.
  2. (Alimentación) Semente deste froito, que é comestíbel.
    • Exemplo: Tomamos uns viños con abelás torradas.

Observacións

Moitos autores galegos escriben avelá (e aveleira, e aveledo) pero, segundo a etimoloxía (e pese ao seu nome específico, moderno), e de acordo co parágrafo 1.1 das NOMIG, debe ser abelá (e abeleira e abeledo).

Traducións

Referencias

VV. AA. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. p. 22. ISBN 9788445350560.





  Go to top  

This article is issued from web site Wiktionary. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]