... úa organización democrática posibilitou a construción de edificios públicos. O centro da cidade grega era a praza pública, a ágora, nun lugar próximo, elevado sobre un outeiro levantábase a a...

Partenón de Atenas

A arquitectura da Grecia antiga é unha parte fundamental da cultura grega. A vida urbana grega e a súa organización democrática posibilitou a construción de edificios públicos. O centro da cidade grega era a praza pública, a ágora, nun lugar próximo, elevado sobre un outeiro levantábase a acrópole, recinto no que estaban os templos das principais deidades e en orixe tamén a morada dos gobernantes; a parte máis baixa da cidade estaba destinada ás clases populares. O templo, que tiña como función albergar a imaxe antropomórfica da divindade, participaba tamén do carácter público e democrático da sociedade. O edificio, sobre bancadas, era de planta rectangular cunha sala central, naos, onde se situaba a figura do deus, un pórtico dianteiro, pronao, onde se colocaba a ara, para a celebración dos ritos. Arredor do templo desenvolveuse axiña un pórtico columnado, perístilo. Tamén se construíron, aínda que eran menos frecuentes, templos circulares chamados tholos. Os teatros son o segundo tipo de edificio da Grecia antiga.

A arquitectura da Grecia antiga ocupa unha praza maior na historia da arquitectura europea occidental, e logo esta arquitectura tivo influencia sobre arquitecturas en varias outras partes do mundo[1] .

Características

A columna era o elemento protagonista da arquitectura grega, mesmo ata chegar a ser determinante das tipoloxías arquitectónicas, toda orde grega consta de dúas partes esenciais, unha sustentante, constituída pola columna, e outra sustentada, o entaboamento, entre as dúas partes gárdase unha estreita relación proporcional. A columna artéllase en tres elementos, a base, o fuste e o capitel e o entaboamento consta de arquitrabe, friso e cornixa.

A orde máis antiga é a orde dórica, xorde xa na arquitectura prehelénica en madeira. A columna sen base descansa sobre o estilóbata, o fuste é estriado con éntase e o capital consta dun equino e un ábaco; o entaboamento fórmano unha arquitrabe lisa, un friso de tríglifos e métopas con relevos e unha cornixa.

A orde xónica formouse no século VI a.c. en Xonia como resultado da fusión de elementos da tradición exea e asiáticos. A columna é máis esvelta ca dórica, ten base, o fuste é acanalado e o capitel ten volutas baixo o ábaco. O entaboamento está formado por unha arquitrabe con bandas horizontais, friso con relevos e cornixa con dentículos.

A orde corintia xurdiu no último cuarto do século V a.c. como variante da orde xónica. O capitel está máis ornamentado e consta de varias ringleiras superpostas de follas de acanto.

Áreas

Períodos

Período arcaico

séculos VIII a VI (a.d.C.)

Período clásico

séculos V a IV (a.d.C.)

Período helenístico

séculos III a II (a.d.C.)

Influencias posteriores

Notas

  1. Patrick Nuttgens, Histoire de l'architecture edición orixinal inglesa 1983, edición francesa de Phaidon 2002, ISBN 0-7148-9064-2 , páxina 86

Véxase tamén

Outros artigos





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]