biblioteca central da República Checa ... ase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maio...
Sala da Biblioteca Nacional da República Checa

A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař.[1] É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e India.[2] Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.[3]

No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos.[4] [5] A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.[2]

Notas

  1. "Need for new library intensifies". The Prague Post (en inglés). 28 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2014. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  2. 1 2 "National Library's rare prints and manuscripts at the click of a mouse". Radio Prague (en inglés). 24 de novembro de 2005. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  3. Tucker, Aviezer (18–24 de febreiro de 2009). "Opinion" (PDF). The Prague Post (Prague). p. A4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de maio de 2014. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  4. "National Library wins UNESCO award for pioneering digitisation work". Radio Prague (en inglés). 7 de setembro de 2005. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  5. "2005 - The National Library of the Czech Republic". UNESCO (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]