celebración ... ementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollid...
Unha avoa e a súa neta preparando biscoitos.

O Día dos Avós é un día conmemorativo dedicado aos avós das familias, que complementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollido é o 26 de xullo,[1] por ser o día en que a liturxia católica conmemora a San Xaquín e Santa Ana, pais de María, a nai de Xesús e, polo tanto, avós de Xesús. A historia dos avós de Xesús básease no Protoevanxeo de Santiago, segundo o cal Santa Ana naceu en Belén e os seus pais eran Matan e Emerenciana, mentres que a familia de Xosé descendía do rei David e de Leví.[2]

ONU promove a celebración internacional dun día que nos recorde as persoas maiores, o Día Internacional das Persoas Maiores, o 1 de outubro.

Notas

  1. "O Día dos avós 2018, 'doodle' de Google". Consultado o 26 de xullo de 2018. 
  2. "El dia dels avis de Jesús i de tothom". elperiodico.cat. Consultado o 26 de xullo de 2018. 




  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]