movemento político que procura a equidade entre xéneros a través da liberación da muller ... xicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, bas...
article - Feminismo

O feminismo é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses. De acordo con Maggie Humm e Rebecca Walker, a historia do feminismo pode dividirse en tres "ondas". A primeira produciuse no século XIX e comezos do século XX, a segunda nas décadas de 1960 e 1970, e a terceira na década de 1990 até o presente. A teoría feminista xurdiu destes movementos femininos e maniféstase en diversas disciplinas como a xeografía feminista, a historia feminista e a crítica literaria feminista.

Símbolo dos movementos feministas, baseado no símbolo de Venus.

O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, que van da cultura ó dereito. As activistas femininas fixeron campañas polos dereitos legais das mulleres (dereitos de contrato, dereitos de propiedade, dereitos ó voto), polo dereito da muller á súa autonomía e á integridade do seu corpo, polos dereitos ó aborto e polos dereitos reprodutivos (incluíndo o acceso á contracepción e a coidados prenatais de calidade), pola protección de mulleres e nenas contra a violencia doméstica, o acoso sexual e a violación, polos dereitos laborais, incluíndo o permiso por maternidade e salarios iguais, e todas as outras formas de discriminación.

Durante gran parte da súa historia, a maioría dos movementos e teorías feministas tiveron líderes que eran principalmente mulleres brancas de clase media, de Europa Occidental e de América do Norte. Porén, dende o discurso de Sojourner Truth ás feministas dos Estados Unidos de América, feito en 1851, mulleres doutras etnias e orixes sociais propuxeron formas alternativas de feminismo. Esta tendencia foi acelerada na década de 1960, co movemento polos dereitos civís que xurdiu nos Estados Unidos e o colapso do colonialismo europeo en África, no Caribe e en partes de América Latina e do sueste asiático. Dende entón, as mulleres nas antigas colonias europeas e nos países en vías de desenvolvemento propuxeron feminismos "poscoloniais", nos cales algunhas postulantes, como Chandra Talpade Mohanty, critican o feminismo tradicional occidental como etnocéntrico. Feministas negras, como Angela Davis e Alice Walker, comparten este punto de vista.

Dende a década de 1980, as feministas argumentaron que o movemento debería examinar como a experiencia da muller coa desigualdade se relaciona ó racismo, á homofobia, ó clasismo e á colonización. A finais desa década e comezos da seguinte as feministas posmodernas argumentaron que os papeis sociais dos xéneros foron construídos socialmente, e que sería imposíbel xeneralizar as experiencias das mulleres por todas as súas culturas e historias.


  Next Page » More information about  

 Feminismo  







  Next Page » More information about  

 Feminismo  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]