cantante e líder do grupo británico de rock Queen ... Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar, o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de...
article - Freddie Mercury

Frederick Bulsara Mercury, nado como Farrokh Bomi Bulsara en Stone Town, Zanzíbar (actual Tanzania), o 5 de setembro de 1946 e finado en Londres o 24 de novembro de 1991, foi o cantante e líder do grupo británico de rock Queen.Tamén dedicou parte da súa vida a ser compositor e pianista.

Como intérprete, foi recoñecido pola súa poderosa voz e extravagante posta en escena. Como compositor, escribiu moitos dos seus éxitos, como "Killer Queen", "Bohemian Rhapsody ", "Somebody to Love", "We Are the Champions", "Don't Stop Me Now", "Crazy Little Thing Called Love". Ademais da actividade coa banda, nos anos oitenta lanzou a súa carreira en solitario, o que o levou a publicar dous discos, Mr. Bad Guy (1985) e Barcelona (1988), este último en colaboración coa soprano española Montserrat Caballé. Unha colaboración entre ambos foi a canción oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 aínda que desgraciadamente non puido interpretala alí como estaba previsto, debido á súa temperá morte, sendo substituído polo tenor José Carreras.

Morreu dunha broncopneumonía complicada pola SIDA o 24 de novembro de 1991, só un día despois de anunciar oficialmente que tiña esta última enfermidade. En 2006, a revista Time Asia nomeouno como un dos heroes asiáticos máis influentes dos últimos sesenta anos. En 2005, nunha entrevista organizada por Blender e MTV2, foi nomeado o mellor cantante masculino de todos os tempos. En 2008, a revista estadounidense Rolling Stone colocouno no 18º lugar da lista dos 100 mellores cantantes de todos os tempos, mentres que Classic Rock, ao ano seguinte, considerouno o mellor cantante de rock da historia. Pola súa banda, Allmusic definiu a Mercury como "un dos líderes máis carismáticos e dinámicos da historia do rock".


  Next Page » More information about  

 Freddie Mercury  







  Next Page » More information about  

 Freddie Mercury  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]