territorio de Dinamarca ao norte do Oceano Atlántico, a illa máis grande do mundo ... io de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha...
article - Groenlandia

Groenlandia ou Grenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación.

Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca. En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.


  Next Page » More information about  

 Groenlandia  







  Next Page » More information about  

 Groenlandia  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]