equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia) ... re (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición da que é un dos equipos fundadores. Xoga os seus partidos como local no Tampereen j...
Tampereen Ilves
Fundación10 de abril de 1931 (90 anos)
Sede Tampere,
Pirkanmaa
Finlandia
CanchaTampereen jäähalli
(7.600 espectadores)
LigaLiiga
Campionatos16
Adestrador Jouko Myrrä
Director Risto Jalo
Equipo(s) afiliado(s)Koovee (Mestis)[1] [2]
Nikkō Ice Bucks (Asia League Ice Hockey)[3]
Uniforme
CoresVerde, amarelo, negro e branco
                       
Sitio web
Sitio web oficial
Seccións activas de
Ilves
Floorball Fútbol
(masculino)
Fútbol
(feminino)
Fútbol sala
(masculino)
Fútbol sala
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Ringette Hóckey sobre xeo (masculino)

O Tampereen Ilves, ou simplemente Ilves, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición da que é un dos equipos fundadores. Xoga os seus partidos como local no Tampereen jäähalli, un pavillón con capacidade para 7.600 espectadores.

Fundado en 1931, é a sección de hóckey sobre xeo do club polideportivo do mesmo nome. Trátase do equipo máis laureado do hóckey sobre xeo finlandés, tendo gañado o campionato nacional en 16 ocasións. Con todo, o equipo non gañou máis que unha vez o campionato dende que a competición adoptou a denominación actual. Ademais conquistou nove medallas de prata e doce de bronce, e conquistou a copa nacional (denominada Suomen Cup) en dúas ocasións.

Ilves conta tamén cun equipo feminino, denominado Ilves Naiset, que con 10 campionatos nacionais e unha copa de Europa é un dos equipos máis laureados do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.

Historia

Fundación e primeiras tempadas

O Tampereen lyseo, onde naceu Ilves en 1931.

O Ilves foi fundado no instituto Tampereen Lyseo o 10 de abril 1931 por Niilo Tammisalo, que era profesor no centro, para que o alumnado puidera practicar deportes de pelota.[4] Tammisalo acabaría converténdose no primeiro presidente do club.[4] [5]

Ilves xogou o seu primeiro partido no xeo do Näsijärvi o 24 de xaneiro de 1932, caendo por 2 goles a 1 fronte ao Tampereen Palloilijat (TaPa) marcando para Ilves Reino Lahtinen. Pouco despois o equipo debutou en competición oficial, de novo fronte a TaPa no mesmo escenario, o 6 de febreiro dese mesmo ano na primeira rolda do campionato finlandés, nun partido que finalizou co mesmo resultado que o disputado uns días antes.[6] [7] [8] Na súa segunda tempada os de Tampere enfrontáronse en Helsinqui ao Helsingfors Skridskoklubb (HSK) o 12 de febreiro de 1933, caendo por cinco goles a dous nun partido eloxiado pola prensa local como o "o mellor partido de hóckey xogado nunca en Finlandia". O 6 de marzo dese mesmo ano Ilves enfrontouse a un combinado da capital finlandesa, gañando 4-3 para sorpresa da maioría, con este partido o equipo foi seleccionado para enfrontarse ao equipo sueco do Hammarby IF, contra o que perdeu pola mínima (1-0).[9] En decembro de 1933 Ilves finalizou a súa pista de xogo á beira do Pyhäjärvi.[10]

En 1934 Ilves acadou o terceiro posto do campionato finlandés, gañando a medalla de bronce. Esa tempada, a suxestión de Ilves, o campionato finlandés disputouse en formato de liga e non de copa, co cal unha derrota inicial non puña fin á participación dun equipo na competición. O equipo de Tampere comezou a súa andaina en Helsinqui fronte o Helsingin Palloseura (HPS), fronte ao que caeu por tres goles a un. O seguinte partido, celebrado en Tampere, empatou (1-1) co Helsingfors Skridskoklubb (HSK), mentres que o derradeiro partido supuxo a primeira vitoria da historia de Ilves logo de derrotar a Helsingin Jalkapalloklubi (HJK). O xogador de Ilves Jaakko Tiitola converteuse no máximo puntuador e compartiu o título de máximo goleador xunto con Holger Sarmola. En inverno dese ano Niilo Tammisalo puxo punto e final á súa carreira como xogador e converteuse en adestrador do equipo a tempo completo, así como en presidente da entidade.[11] Ao final da tempada, o tamaño insuficiente da pista e os problemas causados pola patinaxe no xeo do lago levaron ao equipo a abandonar o novo campo logo de tan só unha tempada e a decidir construír unha nova pista de xeo.[10]

O ano seguinte o equipo de Tampere mellorou a súa clasificación final logo de conseguir a medalla de prata tras finalizar en segunda posición por detrás de HJK. O equipo do lince gañou a metade dos catro partidos disputados, vencendo todos os encontros que disputou como local e perdendo nas súas dúas visitas á capital. Esa tempada debutou o primeiro reforzo estranxeiro do equipo, o turco Feyzi Ahsen-Böre.[12] Ademais o equipo mudou a súa pista ao extremo sur de Koulukatu e Mariankatu, nuns terreos do Club de Tenis de Tampere, xunto á Escola de Economía.[10]

Primeiros títulos

Equipo de Ilves campión de Finlandia en 1938.

En 1936, tan só dous anos despois da súa primeira medalla proclamouse campión por primeira vez na súa historia, revalidando o título os dous anos seguintes.

Temposo de guerra

En 1942, logo de permanecer invicto durante catro anos, o Ilves perdeu un partido en Hämeenlinna, onde o Tarmo puxo fin a unha xeira de 34 vitorias consecutivas. En 1945 o Ilves alzouse novamente como campión finlandés, revalidándoo novamente os dous anos seguintes, e conseguindo novamente entre 1950 e 1952 outros tres títulos consecutivos sen perder ningún partido.

En 1965 construíuse en Tampere o primeiro estadio cuberto de hóckey sobre xeo, o Hakametsän jäähalli, converténdose o moderno estadio na casa do Ilves.

En 1970 finaliza na segunda posición por terceiro ano consecutivo. O equipo consegue estar entre as tres primeiras posicións durante nove anos seguidos, conseguindo dúas medallas de ouro, catro de prata e tres de bronce entre 1963 e 1970. O 15º título do equipo chegou en 1972, coa superestrela canadense Len Lunde (primeiro xogador estranxeiro do Ilves e que tamén adestraría ao equipo).

Entre 1976 e 1982 o equipo sofre unha crise de resultados, non conseguindo ningunha medalla nestes anos, mais en 1985 chegaría o 16º título nacional tras derrotar ao TPS nunha emocionante final ao mellor de cinco partidos na que os de Turku gañaron os dous primeiros partidos e o Ilves conseguiu remontar a final na mellor remontada vista nunca no hóckey finlandés. En 1990 rematou na segunda posición, gañando na final o TPS por catro partidos a dous. En 1998, tras non conseguir ningunha medalla nas sete tempadas anteriores, o Ilves chegou unha vez máis á final baixo a dirección do adestrador ruso Vladimir Jursinov, onde o HIFK de Helsinqui dominou a serie e gañou o título tras vencer en tres partidos (3-0). A última medalla gañada ata o momento polo equipo chegou en 2001, cando conseguiu unha sorprendente terceira posición, mais tan só dous anos despois o equipo viviría a súa tempada máis triste logo de finalizar na derradeira posición na liga, conseguindo porén ao ano seguinte unha meritoria sexta praza baixo a dirección do adestrador checo Vaclav Sykora. En 2005, logo dunha mala tempada de outono, a tripla do canadense Steve Kariya, o checo ex de Atlanta Thrashers Patrik Stefan, e Hannes Hyvönen axudou ao Ilves a conseguir unha meritoria sétima posición, mellorando ao ano seguinte cunha sexta praza.

No 2008 retirouse un dos mellores xogadores do Ilves, Raimo Helminen, rematando a tempada nos cuartos de final fronte ao Oulun Kärpät, que finalmente se faría co título de liga. Con todo, no 2010 o equipo finaliza a liga regular na última posición, gañando a permanencia nos playoffs. Ao ano seguinte, no 2011, o equipo integrado principalmente por xogadores xoves conseguiu unha meritoria oitava posición.

O 26 de xaneiro de 2021 o Museo do Hóckey sobre xeo Finlandés inaugurou unha exposición adicada ao club con motivo do seu 90º aniversario.[13]

Identidade do equipo

Cores

O negro, o verde e o negro son as cores principais do equipo.

As cores principais de Ilves son o verde, o amarelo e o negro, que teñen aparecido nas camisolas ao longo dos anos coa excepción das brancas e violetas das tempadas 1982 a 1984. A primeira cor empregada polo equipo foi, con todo, o branco. A partir de 1932 e ata 1945 a camisola pasou a ter faixas horizontais verdes e vermellas, mentres que a partir de 1945 pasou a ser completamente negra. A partir de 1962 introduciuse unha segunda camisola para os partidos como visitante, sendo a cor branca a primeira empregada.[14]

Entre 1970 e 1972 empregou tan só unha camiseta amarela, tanto para os seus partidos como local como nos que foi visitante. Logo deste período recuperou a camisola negra na primeira equipación, e principalmente o branco e o amarelo na segunda. A partir de 1982 e ata 1993 a cor principal da primeira camisola foi o branco, empregando o verde e o negro para a segunda equipación en distintos períodos, coa excepción do violeta empregado entre 1982 e 1984.[14]

En 1996 recuperou a cor negra, que mantivo ata 2002, cando a cor principal volveu ser o branco. O verde foi adoptado como cor principal por primeira vez en 2005 e mantívose ata 2017. Durante as tempadas 2018-19 e 2019-20 a primeira equipación era negra, amarela e verde, mentres que para a 2020-21 o negro foi substituído polo branco.[14]

Ilves tamén empregou en determinados partidos camisolas conmemorativas e retro. O 6 de febreiro de 1966, durante un partido fronte a RU-38, o equipo empregou unha camisola branca de loito pola morte de Jarmo Wasama. Do mesmo xeito, durante a participación do equipo en competicións internacionais este empregou distintas camisolas ás empregadas na competición nacional.[14]

Logotipo

O primeiro logotipo de Ilves, en funcionamento dende 1931 ata 1945 consistía na figura dun lince amarelo, que con posterioridade mudou a unha forma redonda cunha base negra e verde rodeada por unha franxa amarela, no centro encontrábase a figura do lince e ao redor podía verse oo texto "Ilves Tampere". Este logotipo redondo foi modificado varias veces entre 1945 e 1962 e mesmo empregáronse simultaneamente diferentes logotipos do club.[14]

O logotipo actual do equipo foi deseñado por Rauno Broms e consiste nunha cabeza de lince de cor amarelo amosando os dentes. Este logotipo foi introducido en 1962, cando o daquela xerente do equipo Seppo Helle quixo renovar a marca do equipo para facela máis atractiva para a xente nova. Logo de rexeitar numerosas propostas Helle escolleu o deseño de Rauno Broms, que se mantivo entre os anos 1962 e 1993.[15] [14]

Foi en 1993 cando Mikko Mäkelä, que pasou a liderar o equipo de hóckey sobre xeo, quixo renovar a aparencia visual do club, polo que Harri Sulonen deseñou un novo logotipo para Ilves, influenciado pola versión anterior a 1962, recuperando a forma redonda e a figura do lince completa, vista de perfil. Con todo, a firma Ilves ry seguiu a empregar o deseño de 1962.[14] [16]

O 8 de novembro de 1999 o equipo volveu empregar a versión de 1962-1993 coa cabeza do lince por iniciativa de Risto Jalo, que fora escollido conselleiro delegado do equipo de hóckey sobre xeo. En outono dese ano Jalo quixo reparar as pontes entre o equipo de hóchey sobre xeo e oo club matriz, e como símbolo desta reparación recuperou o deseño de 1962, que na tempada 2021-22 se mantiña como imaxe do club.[14] [15]

Primeira camisola de xogo de Ilves. Pode apreciarse a silueta do lince amarelo no centro.
Primeira camisola de xogo de Ilves. Pode apreciarse a silueta do lince amarelo no centro. 
Camisola de Ilves de en torno á década de 1950.
Camisola de Ilves de en torno á década de 1950. 
Camisola de Ilves co logotipo deseñado en 1962.
Camisola de Ilves co logotipo deseñado en 1962. 

Mascota

En agosto de 2019 o equipo iniciou un cásting para seleccionar á persoa que encarnaría á nova mascota do equipo.[17] Ese mesmo ano presentou a súa nova mascota, cuxo nome foi escollido por votación da afección. Os posibles nomes que recolleu a páxina de Facebook foron Nipa, Ipa, Raipe, Ile e Ilpo, e o período de votación finalizou o 23 de outubro. A presentación da mascota e o anuncio do seu nome terán lugar o 26 de novembro durante o partido que xogará Ilves fronte a Pelicans.[18] Finalmente o nome gañador foi Ipa, fugurando no Twitter como "Ipa #00".[19] [20]

A compañía de bebidas de Tampere Pyynikin käsityöläispanimo adicou unha cervexa á mascota do equipo. A cervexa recibía o nome de "IPA 45".[21]

Pavillón

Dende 1965, o Ilves xoga os seus partidos como local no Tampereen jäähalli. Coa finalización do novo Uros Live, tanto Ilves como Tappara pasarán a disputar os seus partidos como locais no novo recinto:

Pavillóns e pistas empregadas por Ilves
Imaxe Nome Primeira tempada Derradeira tempada Capacidade[lower-alpha 1] Outros usos
Näsijärvi1931-311931-31
Piscina de Palomäki1933-341933-34
Pistas de tenis entre Koulukatu e Mariankatu1934-351938-39
Eteläpuisto1940-411944-45
Koulukatu1945-461964-65
Tampereen jäähalli1964-652021-22 (previsto)7 595[22] Tappara (1965-)
KOOVEE (1965–83, 1988-90, 1994–97, 2018-)
Uros Live2021-22 (previsto)[23] 13 000Tappara
Tampereen jäähalli (Hakametsä)

O 31 de xaneiro de 1965 Ilves trasladouse ao Tampereen jäähalli, no distrito de Hakametsä.[lower-alpha 2] O pavillón foi inaugurado en 1965 para a celebración do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo que se celebrou ese mesmo ano en Tampere, sendo o primeiro estadio finlandés en acoller esta competición.[25] [24] Posteriormente o pavillón foi sede nos mundiais masculinos de 1982, 1991, 1997 e 2003 e o Campionato do Mundo feminino en 1992.[24]

O primeiro partido de Ilves en Hakametsä disputouse o 31 de xaneiro de 1965 nun partido fronte aos seus veciños de Tappara e finalizou coa vitoria do equipo do lince por cinco goles a tres.[26]

A capacidade do pavillón foi variando ao longo dos anos dende as 10 200 persoas iniciais ata as 7 300 dos seus últimos anos de uso polo club:[27]

Variación da capacidade de Hakametsä
Período Capacidade - Período Capacidade
1965-198110 200-2001-20038 200
1981-19868 563-2003-20047 918
1986-19907 700-2004-20097 800
1990-19998 044-2009-20147 600
1999-20017 600-2014-20217 300

Polo que respecta á afluencia de público ao Tampereen jäähalli, o mellor rexistro nun partido foi de 10 200 persoas nas bancadas, unha cifra que acadou en sete ocasións na década de 1970, e case sempre fronte ao mesmo rival, Tappara, coa excepción dun partido disputado fronte a HIFK. A peor entrada a un partido de Ilves foi tamén na década de 1970, nun partido fronte a Ässät disputado o 26 de outubro de 1977 ante tan só 1 565 persoas. En total, dende 1965, 6 550 978 persoas asistiron a partidos de Ilves no mítico pavillón en partidos de liga regular, cunha media de 5 236 persoas por partido, mentres que nos play-offs foron 503 764 cunha media de 5 660 persoas por partido. Os rexistros de público nas últimas tempadas xogadas integramente no Tampereen jäähalli son os seguintes:[27]

Media de asistencia a Hakametsä
Tempada Liga regular Play-offs
2010-115 2776 299
2011-125 1766 413
2012-134 8795 204
2013-145 210non clasificado
2014-154 9555 137
2015-164 657non clasificado
2016-174 6147 054
2017-184 679non clasificado
2018-195 0425 249
2019-205 637non clasificado

Afección

A afección de Ilves celebra un gol do equipo en 2007.

Ilves é, xunto con Tappara, un dos grandes clubs de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere. Un estudo realizado polo xornal Aamulehti en 2017 sinala que a maior parte das persoas seguidoras de Ilves viven en Ala-Pispala, Hyhky, Epilä e Tohloppi, así como en Koivistonkylä e Härmälä.[28]

Aínda que o club non posúe un club de fans oficial, en 2017 existían canto menos tres grupos non oficiais: "Ilves Ikuisesti", "Osasto 41" e "Ilves Tampere".[28]

En 2010 o club fundou a asociación de apoio a Ilves Share Ilves ry, para adquirir accións de Ilves-Hockey, apoiar as operacións do equipo e desenvolver e incrementar os incentivos de Ilves.[29]

Personalidades

Xogadores

Capitáns do equipo

Raimo Helminen é o xogador que exerceu de capitán do equipo durante máis tempo, cun total de oito tempadas.

Dende a súa primeira tempada, Ilves tivo 39 capitáns distintos. O primeiro xogador da historia do equipo de Tampere que foi nomeado capitán foi Niilo Tammisalo na primeira tempada de Ilves. Dende 2018 o posto de capitán é ocupado por Eemeli Suomi. Todos os capitáns do equipo ata 2021 eran de nacionalidade finlandesa, e moitos deles naceron na cidade de Tampere ou noutros municipios próximos ou da rexión de Pirkanmaa. O xogador que máis tempadas exerceu de capitán do equipo foi Raimo Helminen, cun total de nove tempadas consecutivas, mentres que Lasse Oksanen é o segundo capitán máis lonxevo da historia de Ilves con oito tempadas como capitán. A continuación todos os capitáns de Ilves ao longo da súa historia:[30]

Capitáns de 1933 a 1976
Nome(s) Período
Niilo Tammisalo1933 a 1934
Risto Lindroos1933 a 1937
Jussi Tiitola1937-1939
Ningún capitán[lower-alpha 3] 1939 a 1940
Jussi Tiitola1940-1941
Aarne Honkavaara1941 a 1942
Matti Wasama1942-1944
Henry Kvist1944 a 1946
Teuvo Hellén1946 a 1948
Kalle Havulinna1948-1950
Lotfi Nasib1950 a 1951
Aarne Honkavaara1951 a 1953
Jukka WuolioDende o 3 de xaneiro de 1953
Juhani Ruusunen1953 a 1954
Pentti Isotalo1954-1957
Erkki Koiso1957 a 1961
Raimo Kilpiö1961 a 1962
Pentti Pynnönen1962 a 1966
Lasse Oksanen1966 a 1971
Jorma Peltonen1971 a 1975
Seppo Ahokainen1975 a 1976
Veikko Suominen1976 a 1979
Capitáns dende 1976
Nome(s) Período
Lasse OksanenDende o 11 de xaneiro de 1979
Kari Järvinen1979 a 1980
Lasse Oksanen1980 a 1982
Matti Kaario1982 a 1986
Jukka H1986 a 1987
Risto Jalo1987 a 1990
Risto Siltanen1990
Pasi HuuraDende o 27 de novembro de 1990 ata 1991
Risto Jalo1991 a 1992
Hannu Mattila1993 a 1994
Ilkka Sinisalo1994 a 1995
Timo PeltomaaDende o 26 de decembro de 1995
Hannu Henriksson1995 a 1997
Hannu Mattila1997 a 1999
Raimo Helminen1999 a 2008
Pasi Määttänen2008 a 2011
Martti Järventie2011 a 2012
Martti Järventie2012 a 2013
Erkki RajamäkiDende o 17 de xaneiro de 2013
Masi Marjamäki2013-14
Sami Sandell 2014 a 2016
Tapio Laakso2016 a 2018
Eemeli Suomi2018-

Porteiros

Juhani Lahtinen (á dereita) é o porteiro que máis hutouts rexistrou coa camisola de Ilves.

Ata 36 porteiros do equipo teñen rexistrado canto menos un partido sen encaixar ningún gol (shutout). O xogador que máis veces conseguiu finalizar un partido sen encaixar ningún gol foi Juhani Lahtinen en 17 ocasións. O maior número de shutouts nunha mesma tempada conseguírono Mika Pietilä (5 + 2 = 7) na tempada 2000-01 e Antti Lehtonen (5 + 2 = 7) na 2016-17.[lower-alpha 4] Ademais Antti Lehtonen é o porteiro que máis tempo mantivo a súa portería a cero cun total de 222 minutos e oito segundos na tempada 2016-17. Na seguinte táboa poden verse os porteiros que máis shutouts conseguiron na historia do equipo:[31]

Porteiros con máis shutouts
Nome(s) Nacionalidade Período Shutouts
Juhani Lahtinen Finlandia 1955-1978 17
Jukka Tammi Finlandia 1980-1995 10
Vesa Toskala Finlandia 1995-2012 10
Hannu Toivonen Finlandia 2008-2017 10
Juha Pitkämäki Finlandia 1998-2010 9
Mika Pietilä Finlandia 1992-2002 8

Números retirados

Bandeiras conmemorando os títulos do equipo e os números retirados no Tampereen jäähalli.

Ilves ten retirado os seguintes sete números ao longo da súa historia. Todos os xogadores homenaxeados son finlandeses e o primeiro número retirado polo equipo foi o 2 de Jarmo Wasama, que xogou no equipo dende 1960 ata a súa prematura morte en 1966, a cerimonia tivo lugar o 2 de decembro de 1993 nun partido que enfrontou a Ilves co HPK de Hämeenlinna. A continuación todos os números retirados por Ilves e a data da súa retirada:[32]

Números retirados dos Tampereen Ilves
Xogador Posición Carreira Data da retirada Referencias
2Jarmo WasamaD1960–662 de decembro de 1993[33]
7Aarne HonkavaaraF1943-5322 de febreiro de 1997[34]
13Risto JaloC1980-90
1991-92
1993-94
1 de setembro de 2001[35]
14Lasse OksanenRW1960-75
1977-79
1980-82
1 de outubro de 1994[36]
16Jorma PeltonenW1962-7523 de setembro de 2006[37]
30Jukka TammiP1980-9510 de decembro de 2011[38]
41Raimo HelminenF1982-85
1987-88
1996-2008
22 de novembro de 2008[39]

O número 24 non foi retirado oficialmente, mais non se usa. Foi impregado por última vez por Veikko Suominen, que morreu durante a tempada 1978–79.[40] [41]

Xogadores na NHL

En 2021 un total de 84 xogadores de Ilves xogaron na National Hockey League (NHL). Destes, 20 pasaron directamente do equipo de Tampere a algunha das franquías norteamericanas, e 23 debutaron profesionalmente coa camisola de Ilves.[42]

Adestradores

Dende a súa fundación en 1931 pasaron por Ilves un bo número de adestradores, a excepción da tempada 1939-1940, na que o club non tivo actividade.[43]

Adestradores de Ilves
Nome Período
Niilo Tammisalo 1931-1937
Risto Lindroos 1937-1939
Risto Lindroos 1940-1941
Aarne Honkavaara 1941-1942
Risto Lindroos 1942-1946
Henry Kvist 1946-1949
Risto Lindroos 1949-1952
Aarne Honkavaara 1952 ata 03-01-1953
Risto Lindroos 1952-1953
Aarne Honkavaara 1953-1961
Seppo Helle 1961-1964
Rauli Virtanen 1964-1965
Erkki Koiso 1965-1967
Aarne Honkavaara 1967-1968
Raimo Vasama 1968-1971
Juhani Ruusunen 1971
Len Lunde 24-10-1971 ata 26-12-1972
Raimo Vasama 26-12-1972
Raimo Vasama e Matti Reunamäki 1973-1974 ata 12-12-1974
Raimo Vasama, Esko Mäkinen e Matti Reunamäki 12-12-1974 ata 30-01-1975
Esko Mäkinen e Matti Reunamäki 30-01-1975 ata 1975-1976
Juhani Ruusunen e Markku Hakanen 1976-1977 ata xaneiro de 1980
Markku Hakanen e Seppo Hiitelä xaneiro de 1980
Raimo Määttänen e Leo Seppänen 1980-1981
Raimo Määttänen e Seppo Hiitelä 1981-1982
Seppo Hiitelä e Juhani Ruohonen 1982-1986
Seppo Hiitelä e Kari Järvinen ata 17-11-1986
Matti Kaario e Pertti Kaukinen dende 17-11-1986
Sakari Pietilä e Matti Kaario 1987-1990
Matti Kaario e Jorma Kurjenmäki 1990 ata 03-01-1991
Seppo Hiitelä e Jorma Kurjenmäki dende 03-01-1991
Anatoli Bogdanov e Jorma Kurjenmäki 1991 ata 27-11-1992
Jukka Jalonen e Heikki Vesala dende 27-11-1992 ata 18-10-1994
Heikki Vesala, Lasse Oksanen e Jarmo Tolvanen dende 18-10-1994 ata 15-02-1995
Jukka Jalonen, Lasse Annala e Lasse Oksanen dende 15-02-1995
Vladimir Jursinov Jr. e Lasse Annala 1995 ata 04-01-1997
Vladimir Jursinov Jr. e Arto Nurmi dende 04-01-1997
Vladimir Jursinov Jr. e Matti Kaario 1997 ata 28-03-1999
Matti Kaario dende 28-03-1999
Heikki Mälkiä e Ari-Pekka Selin 1999-2001
Ari-Pekka Selin e Juha Pajuoja 2001 ata 21-10-2002
Teijo Räsänen dende 21-10-2002, dende o 25.10.2002 con Jukka-Pekka Annala
Vaclav Sykora e Jarmo Jamalainen 2003 ata 15-11-2004
Curt Lindström e Jarmo Jamalainen dende 15-11-2004
Kari Eloranta ja Juha Pajuoja 2005-2006
Kari Eloranta e Petteri Hirvonen 2006 ata 18-11-2006
Petteri Hirvonen dende 18-11-2006 ata 29-11-2006
Sakari Pietilä e Petteri Hirvonen dende 29-11-2006 ata 12-2-2008
Sakari Pietilä, Petteri Hirvonen e Juha Pajuoja dende 12-2-2008
Sakari Pietilä ja Juha Juujärvi 2008 ata 9-3-2010
Juha Pajuoja, Raimo Helminen e Juha Juujärvi dende 9-3-2010
Juha Pajuoja ja Raimo Helminen 2010 ata 30-10-2011
Seppo Hiitelä e Raimo Helminen dende 30-10-2011
Raimo Helminen e Vesa Viitakoski 2012 ata 23-1-2013
Tuomas Tuokkola e Vesa Viitakoskiesa Viitakoski dende 23-1-2013

Presidentes

Ao longo da súa historia o Ilves tivo 21 presidentes, o primeiro foi Niilo Tammisalo, quen exerceu o cargo dende a fundación do club en 1931 ata 1935. Risto Lindroos foi a persoa que máis tempo estivo á fronte do club de Tampere cun total de 12 anos entre 1944 e 1956. A seguinte táboa mostra todos os presidentes que tivo a entidade dende a súa fundación:[44]

Presidentes de Ilves
Nome Período
Kari Pansio 2014
Petri Ojala 2010-13
Markku Lehtola 2004-09
Kari Kaitasuo 1995-04
Hannu Telenius 1992-94
Harri Pyhältö 1985-92
Jorma Huura 1983-85
Risto Hannula 1981-83
Raimo Eskelinen 1977-81
Pekka Terho 1974-77
Paul Kirjavainen 1969-74
Tero Jaakkola 1965-70
Pekka Terho 1961-64
Allan Tokoi 1959-61
Aarne Honkavaara 1956-59
Risto Lindroos 1944-56
Väinö Teivaala 1940-44
Jussi Tiitola 1938-40
Kauko Mankonen 1936-38
Mikko Tiitola 1935-36
Niilo Tammisalo 1931-35

Directores executivos

No ano 2000 Ilves pasou de ser unha asociación a ser unha sociedade de responsabilidade limitada. Dende o 3 de abril de 2017 o director executivo do equipo é o ex xogador de Ilves Risto Jalo, comezando deste xeito unha segunda etapa no cargo logo de ocupalo entre 1999 e 2004.[44]

Directores executivos de Ilves
Markku Kaila 1981-1983
Seppo Hiitelä 1983-1986
Seppo Hiitelä 1987-1989
Jukka Hirsimäki 1989-1993
Kai Sointu 1993-1994
Mikko Mäkelä 1994
Markku Nikkilä 1994-1995
Jussi Toikka 1995-1999
Risto Jalo 1999-2004
Esa Honkalehto 2004-2010
Ville Raunio 2010-2012
Jari Hakovirta 2012
Heikki Tarvainen 2012-2013
Timo Virolainen 2013-2014
Esa Honkalehto 2014-2017
Risto Jalo 2017-

Suomen Jääkiekkoleijonista

Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonista ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), 49 xogadores que defenderon a camisola de Ilves foron introducidos:[45]

Suomen Jääkiekkoleijonista (Leóns do Hóckey Finlandés)
# Nome(s) Ano de introdución Período(s)
5Risto Lindroos
7Juhani Linkosuo
8Pentti Isotalo
9Matti Rintakoski
10Aarne Honkavaara
12Henry Kvist
13Kalle Havulinna
15Lotfi Nasib
16Jukka Wuolio
21Yrjö Hakala
22Ossi Kauppi
23Tuomo Lindroos
27Matti Lampainen
28Erkki Koiso
29Teppo Rastio
30Raimo Kilpiö
34Juhani Lahtinen
36Jarmo Wasama
43Juhani Wahlsten
48Matti Reunamäki
53Lasse Oksanen
59Reijo Hakanen
60Jorma Peltonen
88Seppo Suoraniemi
90Seppo Ahokainen
Suomen Jääkiekkoleijonista (Leóns do Hóckey Finlandés)
# Nome(s) Ano de introdución Período(s)
94Eero Saari
107Ilkka Sinisalo
111Markus Mattsson
112Risto Siltanen
129Jorma Salmi
130Jukka Tammi
138Risto Jalo
139Mikko Mäkelä
142Raimo Summanen
148Curt Lindström
152Seppo Helle
165Reijo Mikkolainen
166Mika Nieminen
169Lasse Laukkanen
173Ville Sirén
187Marianne Ihalainen
192Raimo Helminen
196Jyrki Lumme
197Jarmo Myllys
210Jukka Jalonen
211Kimmo Leinonen
215Timo Peltomaa
216Hannu Soro
217Pertti Kontto

Equipo feminino

Artigo principal: Ilves Naiset.
Bandeirolas cos títulos de Naisten Ilves no Tesoman jäähalli.

Ilves comezou a desenvolver o hóckey sobre xeo feminino en 1971 co pulo do xogador Lasse Oksanen,[46] e participou nos campionatos femininos femininos non oficiais de 1978–1979 e 1981–1983, e foi un dos equipos fundadores da Naisten SM-sarja.[46] [lower-alpha 5] Na tempada 2021-22, Ilves Naiset compite igualmente na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, a Naisten Liiga, competición da que se proclamaron campioas en dez ocasións, o que o converte no segundo equipo máis laureado da competición por detrás de Kiekko-Espoo, que conta con 15 títulos. O equipo gañou ademais 11 medallas de prata e cico bronces. A nivel internacional, o equipo feminino conquistou a IIHF European Women's Champions Cup en 2011, sendo o único equipo finlandés que gañou dita competición.[47] [48]

O equipo disputa os seus partidos como local no Tesoman jäähalli, un pavillón situado no distrito de Tesomavärvi con capacidade para 1 500 persoas.[49] [50]

Categorías inferiores

Partido da "A-nuorten" entre Ilves e JYP en outubro de 2008.

As actividades júnior de Ilves comezaron a mediados da década de 1930, cando a popularidade do hóckey sobre xeo en Tampere medrou e os xogadores novos eran máis dos que o equipo representativo podía acoller. En 1937 Ilves contaba con 70 xogadores de hóckey sobre xeo, dos cales 40 tiñan menos de 17 anos.[51] En 1945 o equipo participou e gañou o primeiro campionato en categoría júnior, un título que revalidou nos seguintes catro anos.[52] Na década de 1950 os xogadores novos adestraron tamén co equipo masculino, algo que non era habitual nese momento.[53]

Na década de 1960 estableceuse o club de adestradores de Ilves, que se encargou de adestrar aos mozos. Na tempada 1962-62 o club chegou ter 20 equipos júnior con 35 adestradores e realizou aha reforma innovadora coa creación da Kanada-sarja (en galego "Serie Canadá"), na que os equipos competían por diferentes distritos baixo nomes de equipos da NHL, con tempos xogo inferiores aos dos adultos e unha presenza no xeo practicamente igual en todos os xogadores. Esta iniciativa acadou unha alta popularidade, chegando a rexistrarse nalgúns partidos en torno aos 4 000 persoas nas bancadas.[53]

O acordo de colaboración asinado en 2014 por Ilves e o equipo xaponés Nikkō Ice Bucks permitiu a xogadores novos do equipo de Tampere oportunidades de internacionalización como participar nun torneo internacional júnior en Nikkō (Xapón), e permitiu a xogadores do equipo nipón participar nos campamentos de prova de Ilves A.[3]

Palmarés

A prolífica canteira de Ilves ten conquistado ata a tempada 2021-22 un total de 92 medallas en campionatos finlandeses, das cales 48 foron de ouro, 26 de prata e 18 de bronce. Os equipos femininos conseguiron un total de sete medallas (cinco ouros, dúas pratas e dous bronces) dende 2001, mentres que os masculinos lograron 85 medallas (43 ouros, 24 pratas e 16 bronces) dende 1945. A continuación todas as medallas conseguidas polo club nas distintas categorías, tanto femininas como masculinas:[47]

Masculino A (1945- )
  • Ouro (22): 1945, 1946, 1947, 1948, 1949, 1952, 1953, 1960, 1961, 1966, 1967, 1974, 1976, 1977, 1978, 1981, 1982, 1991, 1993, 1994, 2005, 2016
  • Prata (11): 1955, 1962, 1963, 1970, 1973, 1983, 1984, 1986, 1992, 1995, 1999
  • Bronce (6): 1950, 1954, 1972, 1975, 2010, 2011
Feminino A (2001- )
  • Ouro (2): 2007, 2008
  • Prata (2): 2013, 2019
Masculino B (1972- )
  • Ouro (7): 1973, 1978, 1979, 1980, 1982, 1990, 2006
  • Prata (2): 1977, 1981
  • Bronce (6): 1974, 1983, 1989, 1993, 1995, 1997
Masculino B2 (2008- )
  • Ouro (2): 2009, 2014
  • Prata (5): 2008, 2010, 2011, 2012, 2017
Masculino C (1972- )
  • Ouro (5): 1972, 1974, 1982, 2001, 2004
  • Prata (3): 1976, 1977, 2003
  • Bronce (1): 1983
Feminino C (2007- )
  • Ouro (1): 2010
  • Bronce (2): 2008, 2009
Masculino D (1971-78)
  • Ouro (3): 1971, 1972, 1975
  • Prata (1): 1976
  • Bronce (2): 1974, 1978
Masculino E (1967-78)
  • Ouro (6): 1968, 1969, 1970, 1972, 1973, 1974
  • Prata (2): 1967, 1975
  • Bronce (1): 1971

Ilves Hockey Legends

Ilves homenaxea tamén a persoas cuxa traxectoria no club, tanto xogadoras e xogadores, como directivos ou adestradores:[54]

Palmarés

Trofeos colectivos

A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia. Con 16 títulos, Ilves é o segundo equipo que máis veces se proclamou campión de Finlandia.
SM-liiga
  • A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Ilves gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972 e 1985.[55] [47] [lower-alpha 7]
    • 9 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1935, 1948, 1949, 1965, 1968, 1969, 1970, 1990 e 1998.[47]
    • 12 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1934, 1939, 1941, 1943, 1963, 1964, 1967, 1974, 1975, 1983, 1989 e 2001.[47]
Suomen Cup
  • Campión: 1958 e 1971.[47]
  • Subcampión: 1955 e 1969.[47]
Copa de Europa
  • Subcampión: 1967[47]
Copa Continental
  • Medalla de bronce: 1998 e 2007[47]
Tampere Cup
  • Campión: 2019[56]
Outros
  • O Aaro Kivilinnan muistopalkinto é entregado cada ano ao mellor equipo de hóckey sobre xeo de Finlandia. O trofeo é determinado pola clasificación final do equipo na Liiga ou Mestis, o seu equipo na liga feminina e os seus equipos en categorías inferiores. Ilves gañou o trofeo un total de oito veces dende a súa creación na tempada 1972–73: 1973, 1974, 1978, 1981, 1982, 1983, 1990 e 1993.[47] [57]

Trofeos individuais

O Trofeo Aarne Honkavaara no Suomen Jääkiekkomuseo (Tampere).
Trofeos da Asociación de Xogadores

Notas

  1. A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
  2. Debido á súa localización é coñecido popularmente como Hakametsän halli.[24]
  3. Durante a guerra de inverno a competición foi suspendida.
  4. Entre paréntese o rexistro de shutouts en liga regular, máis o dos play-offs, seguido do número total.
  5. Naisten SM-sarja era o nome que recibía nos seus inicios a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, agora denominada Naisten Liiga.
  6. Cinco xogadores de Ilves formaron parte do primeiro combinado finlandés que competiu nun Campionato do Mundo: Teuvo Castren, Seppo Jaakkola, Kalevi Sutinen, Erkki Rintala e Risto Tiitola.
  7. Os 15 primeiros títulos do equipo foron conquistados antes da profesionalización da liga, sendo denominada daquela SM-sarja.
Referencias
  1. Lahdenperä, Johanna (16 de xuño de 2018). "Ilves ja Koovee yhteistyöhön - "Pelaajaseuranta on entistä helpompaa"". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  2. Aalto, Pekka (26 de abril de 2019). "Koovee ja Tappara aloittavat pelaajayhteistyön – Mestis-seura saa hyvän mahdollisuuden menestyä, Ilveskin on edelleen vahvasti mukana". Aamulehti (en finés). Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  3. 1 2 "Ilves ja Nikko Icebucks yhteistyöhön" (en finés). Ilves Hockey. 4 de xuño de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  4. 1 2 "Seuran esittely" (en finés). Ilves ry. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  5. "ILVES RY:N PERUSTAMISKOKOUS 10.4.1931" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 14 de xullo de 2021. 
  6. "KOTIKENTÄT" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  7. "Reino Lahtinen" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  8. "Kausi 1931-32" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  9. "Kausi 1932-33" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  10. 1 2 3 Wacklin 2006, p. 23.
  11. "KAUSI 1933-34" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  12. "KAUSI 1934-35" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  13. "Ilves 90 -näyttely Jääkiekkomuseossa" (en finés). VisitTampere.fi. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  14. 1 2 3 4 5 6 7 8 "Tunnukset ja värit" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  15. 1 2 Mustonen 2001, p. 380.
  16. Mustonen 2001, p. 253–255.
  17. Ruissalo, Pekka (16 de agosto de 2019). "Nyt on kova työtarjous: Olisiko juuri sinusta Ilves-maskotiksi?". Tamperelainen (en finés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  18. "Osallistu Ilves-maskotin nimiäänestykseen – äänestäjien kesken arvotaan aitio!" (en finés). Ilves.com. 21 de outubro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  19. "Kauppakeskus Ratinan Telia Kaupassa Ilves-päivät 21.-22.11." (en finés). Ilves Hockey. 20 de novembro de 2019. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  20. "Conta de Twitter de Ipa #00" (en finés). Twitter. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  21. "IPA 45" (en inglés). Pyynikin käsityöläispanimo. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  22. "TAMPERE ICE STADIUM (HAKAMETSÄ ICE STADIUM)" (en inglés). visittampere.fi. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  23. "Tampereen Kannen ja areenan työt käynnissä – Lue tästä kaikki tulevien vuosien suurimmasta rakennushankkeesta". Aamulehti (en finés). 2 de outubro de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  24. 1 2 3 "Jäähallit" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  25. Kauhala, Hannu (5 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 1: Jääkiekkoilu modernisoitui ennen SM-liigaa" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  26. "KAUSI 1964-65" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  27. 1 2 "Yleisömäärät" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  28. 1 2 Rautanen, Sari (4 de maio de 2017). "Ilves vai Tappara? Kahdesta hyvästä on vaikea valita, mutta Moron pieni kiakkotesti auttaa". Aamulehti (en finés). Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  29. Share Ilves ry, ed. (1de xullo de 2010). "Share Ilves ry:n perustamiskokous on pidetty" (en finés). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  30. Ilves Hockey (ed.). "KAPTEENIT KAUTTA AIKOJEN" (en finés). Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  31. Ilves Hockey (ed.). "MAALIVAHTIEN NOLLAPELIT" (en finés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  32. "Jäädytetyt pelinumerot" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  33. Suomen Jääkiekkomuseo (ed.). "Jarmo Wasama" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  34. Suomen Jääkiekkomuseo (ed.). "Aarne Honkavaara" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  35. Suomen Jääkiekkomuseo (ed.). "Risto Jalo" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  36. Suomen Jääkiekkomuseo (ed.). "Lasse Oksanen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  37. Suomen Jääkiekkomuseo (ed.). "Jorma Peltonen" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  38. Suomen Jääkiekkomuseo (ed.). "Jukka Tammi" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  39. Suomen Jääkiekkomuseo (ed.). "Raimo Helminen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  40. "Retired numbers". Ilves (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  41. "Veikko Suominen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  42. Ilves Hockey (ed.). "NHL-PELAAJAT" (en finés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  43. ilves.com (ed.). "HISTORIATILASTOT: VALMENTAJAT KAUTTA AIKOJEN" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  44. 1 2 "ILVES RY:N PERUSTAMISKOKOUS 10.4.1931" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  45. "Jääkiekkoleijonat" (en finés). Ilves. Consultado o 18 de febreiro de 2019. 
  46. 1 2 Wacklin 2006, p. 111.
  47. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 "SEURAN SAAVUTUKSET" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  48. "HISTORIA" (en finés). Kiekko-Espoo Naiset. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  49. "TESOMAN JÄÄHALLI" (en finés). IlvesNaiset.fi. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  50. Huovinen, Jorma (1 de marzo de 2016). "Uudessa hallissa luistellaan Tesomalla vuonna 2017". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  51. Wacklin 2006, p. 22–24.
  52. "U20 SM:n mitalistit kautta aikojen" (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  53. 1 2 Saarinen, Jesse (2021). "About Ilves" (en inglés). ilvesjaakiekko.fi. Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  54. "ILVES HOCKEY LEGENDS" (en finés). Ilves Hockey. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  55. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  56. Seppä, Lassi (10 de agosto de 2019). "13 maalia kahdessa ottelussa − Ilves rynnisti myös HIFK:n yli ja voitti historian ensimmäisen Tampere Cupinsa" (en finés). Jatkoaika.com - Kaikki jääkiekosta. Consultado o 15 de agosto de 2021. 
  57. Mennander, Pasi (2 de maio de 2015). "Aaro Kivilinnan muistopalkinto Bluesille - Kauden paras seura 2014-15 - Kärpät niukalla piste-erolla toinen" (en finés). Federación Finlandesa e Hóckey sobre Xeo. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  58. 1 2 "Pelaajayhdistyksen Kultainen kypärä Petri Kontiolalle" (en finés). Liiga.fi. 4 de maio de 2021. Consultado o 24 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Mustonen, Olli (2001). Veijareita & virtuooseja: tarina legendaarisesta jääkiekkoseurasta 1980-2001 (en finés). Tampere: Poika kotiin Oy. ISBN 952-91-3862-8. 
  • Wacklin, Matti (2006). Sydämenasiana Ilves. Tampere: Ilves. ISBN 952-92-0783-2. 

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]