... aac Díaz Pardo. Nun principio o IGI xurdiu a partir da idea do xornalista Lorenzo Varela de publicar un xornal en lingua galega chamado Galicia, pero o proxecto rematou tan só un ano despois. Coa s...

O Instituto Galego de Información (IGI) foi fundado no ano 1977 polo intelectual compostelán Isaac Díaz Pardo. Nun principio o IGI xurdiu a partir da idea do xornalista Lorenzo Varela de publicar un xornal en lingua galega chamado Galicia, pero o proxecto rematou tan só un ano despois. Coa súa sede en San Marcos (Bando, Santiago de Compostela), o IGI formou parte do proxecto do Grupo Sargadelos (1963) pola recuperación da memoria histórica, económica e cultural de Galicia dende o ano 1936, momento no que comezou a Guerra civil española.

Historia

O Instituto Galego de Información foi unha das partes das que se vai compoñer o Grupo Sargadelos, coa cabeza visible no complexo Industrial Sargadelos, o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, Ediciós do Castro, o real Patronato de Sargadelos e o novo Seminario de Estudios Galegos. O Grupo Sargadelos nace grazas a vontade dos emigrantes galegos no exilio (maioritariamente na Arxentina), os cales buscaban a recuperación económica e cultural de Galicia. As dúas pezas fundamentais son Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane. No ano 1963 érguese a base do proxecto: Luís Seoane crea o Laboratorio de Formas.[1]

No ano 1977, Isaac Díaz Pardo colócase a fronte do IGI, o cal instala a súa base en San Marcos (Santiago de Compostela).

Actividade cultural

O IGI naceu coa idea de publicar un xornal en galego. Non obstante, isto non chegou a realizarse nunca. Ao mesmo tempo, Díaz Pardo seguiu a traballar pola memoria da cultura galega. Pódese dicir que o IGI formou parte da corrente literaria e cultural do grupo Sargadelos. Nos anos seguintes do cesamento de actividade, no edificio do IGI Díaz Pardo continuou a recompilar todo tipo de material relacionado coa cultura galega como, por exemplo, os arquivos do Goberno Galego no exilio ou o patrimonio artístico do seu pai, Camilo Díaz Baliño.

Peche

Isaac Díaz Pardo fixou a súa residencia persoal no propio edificio do IGI.[2] Anos máis tarde, debido a unha profunda crise económica e institucional pola que pasa o Grupo Sargadelos, comezan medidas xudiciais para proceder a destitución do director compostelán, último representante galeguista. Finalmente é apartado do seu cargo en Sargadelos no ano 2006.[3] Non obstante, continuou ligado ao IGI ata a disolución definitiva deste no ano 2011. No ano 2014 e despois da morte de Díaz Pardo, o antigo edificio do IGI esperaba para ser posto á venda e probablemente ser transformado nun complexo hostaleiro.

Notas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]