baloncestista arxentino ... Luis Alberto Scola Balvoa, nado o 30 de abril de 1980 en Buenos Aires, é un xogador arxentino de baloncesto profesional que xoga no Pallacanestro Varese da Lega Basket Serie A....
Luis Scola
Pallacanestro Varese
Información persoal
Nacemento 30 de abril de 1980 (41 anos)
Buenos Aires
Nacionalidade Arxentina
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
NBA Draft 2002 / Rolda: 2 / Elección: 56
Por San Antonio Spurs
Carreira dende 1996
Historial de equipos
Club Ferro Carril Oeste (1996–1998)
Saski Baskonia (1998–2007)
Gijón Baloncesto (1998–2000)
Houston Rockets (2007–2012)
Phoenix Suns (2012–2013)
Indiana Pacers (2013–2015)
Toronto Raptors (2015–2016)
Brooklyn Nets (2016–2017)
Shanxi Brave Dragons (2017–2018)
Shanghai Sharks (2018–2019)
Olimpia Milano (2019–2020)
Pallacanestro Varese (2020–presente)

Luis Alberto Scola Balvoa, nado o 30 de abril de 1980 en Buenos Aires, é un xogador arxentino de baloncesto profesional que xoga no Pallacanestro Varese da Lega Basket Serie A.

Traxectoria profesional

Scola comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Ferro Carril Oeste de Buenos Aires. Fixo o seu debut coma profesional durante a tempada 1995-96. Tras a tempada 1997-98, Scola fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB. As dúas primeiras tempadas as pasou cedido no Gijón Baloncesto, equipo ó que axudou a conseguir o ascenso á ACB na tempada 1998-99. Durante as súas sete tempadas no Baskonia, conseguiu unha Liga ACB en 2002, 3 Copas do Rei en 2002, 2004 e 2006, e 3 Supercopas de España en 2005, 2006 e 2007.

O 12 de xullo de 2007, os San Antonio Spurs, equipo que escollera a Scola no Draft da NBA de 2002, traspasou os dereitos do xogador ós Houston Rockets xunto a Jackie Butler, a cambio de Vassilis Spanoulis e unha futura elección da segunda rolda do Draft. Scola asinou un contrato de 3 anos e 9.5 millóns de dólares cos Rockets.

O 15 de xullo de 2012, Scola asinou cos Phoenix Suns dous días despois de que os Rockets aplicaran a cláusula de amnistía sobre o xogador.[1]

O 27 de xullo de 2013, os Suns traspasaron a Scola ós Indiana Pacers a cambio de Gerald Green, Miles Plumlee e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[2]

Estatísticas NBA

Tempada regular

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2007–08 Houston 8224.7.515.000.6686.41.30.70.210.3
2008–09 Houston 8230.3.531.000.7608.81.50.80.112.7
2009–10 Houston 8232.6.514.200.7798.62.10.80.316.2
2010–11 Houston 7432.6.504.000.7388.22.50.60.618.3
2011–12 Houston 6631.3.491.000.7736.52.10.50.415.5
2012–13 Phoenix 8226.6.473.188.7876.62.20.80.412.8
2013–14 Indiana 8217.1.470.143.7284.81.00.30.27.6
2014–15 Indiana 8120.5.467.250.6996.51.30.60.29.4
2015–16 Toronto 7621.5.450.404.7264.70.90.60.48.7
2016–17 Brooklyn 3612.8.470.340.6763.91.00.40.15.1
Total 74325.6.493.339.7406.71.60.60.312.0

Playoffs

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2008 Houston 636.7.448.000.6869.31.30.70.214.0
2009 Houston 1332.6.494.000.6738.41.80.50.214.4
2014 Indiana 1713.9.465.333.5912.50.50.40.26.4
2016 Toronto 1112.7.258.190.7271.60.60.30.02.5
Total 3624.4.475.25.665.81.10.50.210.5

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]