Mago galego ... Antón López Rivas, nado en Meda Castroverde en 1956, é un mago e ilusionista galego, coñecido profesionalmente como o Mago Antón. Está especializado en números de escapismo e maxia creativa....
Mago Antón
Nome completoAntón López Ribas
AlcumeMago Antón
Nacemento1956
 Castroverde
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmágico
[ editar datos en Wikidata ]

Antón López Rivas, nado en Meda Castroverde en 1956, é un mago e ilusionista galego, coñecido profesionalmente como o Mago Antón. Está especializado en números de escapismo e maxia creativa.

Traxectoria

Pasou a súa infancia e adolescencia en Lugo, onde se iniciou na maxia. Comeza a estudar Psicoloxía en Santiago de Compostela, abandonando en 1977 para dedicarse profesionalmente à maxia e à ventriloquia. Uns anos màis tarde entra en contacto coa escola màxica de Madrid e realiza numerosas actuacións en diferentes cidades españolas e europeas. Nos anos 80 produce grandes espectáculos, destacando Merlín e Familia, e crea a empresa Produccións Máxicas.[1]

O 2 de decembro de 1990 estivo a piques de morrer afogado durante a gravación dun programa da Televisión de Galicia. O truco consistía en somerxerse nunha cubeta de auga esposado a unha pedra, emulando a Harry Houdini. Unha vez dentro, o mago debía atopar a chave que abre as esposas, liberarse e saír do estanque antes de que fose demasiado tarde. Nesta ocasión foi rescatado in extremis polos seus axudantes, semiinconsciente despois de case catro minutos.[2]

Espectáculos principais

Os espectáculos principais do Mago Antón foron:[1]

  • 1980-1990 Merlín e Familia, presentado en xira por toda Galicia.
  • 1993 Vía Láctea, representado durante meses en Santiago, principais cidades galegas, Pamplona e Madrid.
  • 1995-1999 Magomóbil, recorre Galicia con cinco espectáculos de maxia, entre eles Insólito por ANTONomaxia e O romance do conde de Cagliostro.
  • 2001 Ilusións, un percorrido pola historia da maxia e a humanidade.
  • 2004 10 Magos no País das Marabillas e Festivais de Maxia no Camiño.

Premios

  • 1989 foi nomeado "Lucense del año" pola Asociación de Prensa, Radio e TV de Lugo.[1]
  • 2003 foi galardoado co premio “Gallego Egregio” pola Fundación Premios de la Crítica de Galicia.[1]

Notas

  1. 1 2 3 4 "Antón López Rivas | Galegos | Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2016-05-07. 
  2. Internet, Unidad Editorial. "Dos minutos sin aliento | Galicia | elmundo.es". www.elmundo.es. Consultado o 2016-05-07. 




  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]