... Menfis foi a antiga capital de Aneb-Hetch, o primeiro nome do Baixo Exipto. As súas ruínas localízanse preto da cidade de Mit Rahina, 20 km ao sur de Giza....
article - Menfis
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Memphis.

Menfis (árabe: مَنْف Manf, copto: ⲙⲉⲙϥⲓ; grego: Μέμφις) foi a antiga capital de Aneb-Hetch, o primeiro nome do Baixo Exipto. As súas ruínas localízanse preto da cidade de Mit Rahina, 20 km ao sur de Giza.

Xeróglifos no Museo de Menfis e unha estatua de Ramses II no fondo

Segundo a lenda relatada por Manetho, a cidade foi fundada polo faraón Menés co nome de Muros Brancos. A cidade foi a Capital de Exipto durante o Reino Antigo, permaneceu como unha cidade importante ao longo da Historia do antigo Exipto. Ocupou unha posición estratéxica na desembocadura do Delta do Nilo e acollía unha actividade febril. O seu porto principal, Peru-nefer, albergaba unha alta densidade de talleres, fábricas e almacéns que distribuían comida e mercadorías ao longo do antigo reino. Durante a súa idade de ouro, Menfis prosperou como centro rexional de comercio, negocios e relixión.

Menfis creuse baixo a protección do deus Ptah, o patrón dos artesáns. O seu gran templo, Hut-ka-Ptah (que significa "Recinto da ka de Ptah"), foi unha das estruturas máis destacadas na cidade. O nome deste templo, traducido ao grego como Aί-γυ-πτoς (Ai-gy-ptos) polo historiador Manetho, crese que é a orixe etimolóxica do nome galego moderno Exipto.

A historia de Memfis está intimamente ligada á do propio país. Menfis permaneceu como a maior cidade autenticamente exipcia durante as dominacións estranxeiras. A fundación de Alexandría e a de Fustat (o vello Cairo) despois da invasión dos árabes marcaron a súa decadencia. A súa importancia relixiosa tamén diminuíu despois do abandono da relixión do antigo Exipto despois do Edicto de Tesalónica.

Hoxe, as ruínas da antiga capital ofrecen probas fragmentadas do seu pasado. Conservóuse, xunto co complexo das pirámides de Gizeh, como Patrimonio da Humanidade desde 1979. O sitio está aberto ao público como museo ao aire libre. Á cabeza das súas marabillas arquitectónicas e culturais figuran o Coloso de Ramsés II, con 13 metros de longo e un peso de 120 toneladas, e a Esfinxe en alabastro, datada da XIX Dinastía.


  Next Page » More information about  

 Menfis  







  Next Page » More information about  

 Menfis  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]