dúo humorístico galego ... e Nucha, anteriormente coñecidos como Os dous de sempre, é o nome do dúo humorístico formado polos actores de Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. Tamén se chaman "Cantareiras de...

Mucha e Nucha, anteriormente coñecidos como Os dous de sempre, é o nome do dúo humorístico formado polos actores de Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. Tamén se chaman "Cantareiras de Ardebullo" ou "Pandeireteiras de Ardebullo".

Traxectoria

Comezaron en 2004 a facer actuacións soltas en obras colectivas de humor na sala Nasa de Santiago de Compostela e noutras salas e concursos de humor en Galicia. En 2007 comezan a participar puntualmente en programas da Radio Galega e, posteriormente, no programa de variedades da Televisión de Galicia máis lonxevo, o Luar. Remataron a súa colaboración con Luar o 30 de decembro do 2011, en pleno éxito, cunha emotiva despedida por parte dos seus compañeiros do programa.[1] . En 2013 volveron á TVG protagonizando o programa A casa da Conexa que se mantivo ao longo de tres tempadas, ata 2015.

Forma e estilo

Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.

Baséanse no humor dialogado, en xeral entre os dous actores, de estrutura sinxela e baseado na retranca[2] . O seu sketch básico consiste na adaptación dun tema de fondo, do que sae un rumor que non queren contar, pero que acaban contando. Por último cantan unha canción, normalmente adaptada e ridiculizada.

Personaxes

Mucha e Nucha son dúas irmás dun lugar chamado Ardebullo. Contan que son 13 irmás, e de entre elas, Carmucha forma parte do trío, pero explican que nunca pode asistir. Son fillas da Conexa, muller de reputación por ter as paletas moi longas. Tamén é personaxe de referencia habitual o Padre Nicanor, ó que lle dedican cancións e máis dun rumor.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]