... cidade arxentina, capital da provincia de Neuquén, localidade máis poboada da Patagonia. Está situada no leste da provincia, no Departamento Confluencia, do que é cabeceira, e ocupa a franxa de t...

Coordenadas: 38°57′27″S 68°2′44″O / -38.95750, -68.04556 Neuquén é unha cidade arxentina, capital da provincia de Neuquén, localidade máis poboada da Patagonia. Está situada no leste da provincia, no Departamento Confluencia, do que é cabeceira, e ocupa a franxa de terra próxima á confluencia do río Neuquén e o río Limay que dan orixe ao río Negro. Ten unha poboación de 233.000 habitantes (2010).

Demografía

Barrios

A cidade divídese en 46 unidades; entre barrios, a área centro e as súas subdivisións.[1] [2]

A área centro está subdividida en áreas Este, tamén coñecida como “el alto”; Sur, entre a vía y a ruta, coñecida como “el bajo”, a máis netamente comercial; e Oeste, a partir da rúa Salta.

A continuación noméanse os barrios agrupados pola súa posición con respecto ao centro. Utilízanse os cuadrantes que resultan de dividir a cidade segundo dous eixos: o eixo norte-sur da avenida Argentina-Olascoaga e o eixo leste-oeste da ruta 22, moi próxima á vía do ferrocarril. Os barrios noméanse ordenados segundo a súa proximidade ao centro:

Norte, na zona da meseta á beira da ruta provincial 7: Mercantil, Coperso, Patagonia, Unipol, Salud Pública, Alta Barda, 14 de Octubre, Copol, Terrazas del Neuquén e, máis afastados ao norte, Jaime de Nevares (que inclúe o Parque Industrial) e Colonia Nueva Esperanza (que se comezou a habitar en 1993 con pequenas explotacións agrícolas).

Noreste: Villa Farell, Mariano Moreno (entre a ruta e a vía) e os lindeiros ao río Neuquén: Santa Genoveva, Provincias Unidas, Sapere e, máis afastado cara ao norte, Rincón de Emilio (que inclúe unha urbanización pechada.

Sudeste: entre a ruta 22 e o río Limay: Belgrano e Confluencia (rural e urbano).

Sudoeste: Situados ao sur do centro e lindeiros á ruta 22: Nuevo e Villa Florencia. Cara ao sur segue Villa María que lle dá nome a un rego que desemboca no Limay. Lindeiros ao río: Río Grande (que inclúe unha urbanización pechada), Limay e Don Bosco (II e III). Máis alá da rúa Ignacio Rivas: La Sirena, lindeiro á ruta 22, e Militar (que inclúe terras do Comando de la Sexta Brigada de Montaña do Exército arxentino) e Valentina Sur (rural e urbano) entre a ruta e o río.

Noroeste: a zona situada ao oeste do centro reúne a maior cantidade de barrios e os barrios máis densamente poboados. Os máis próximos ao centro: Bouquet Roldán (entre a vía e a ruta), Cumelén (lindeiro á vía) Illas Malvinas, Villa Ceferino e Bardas Soleadas, este último ao pé da meseta. Séguenlle: El Progreso (lindeiro á meseta) e Gregorio Álvarez; Huiliches (lindeiro á vía), Unión de Mayo e MELIPAL (ao pé da meseta); Canal V (cortado pola vía), San Lorenzo (norte e sur, este último inclúe unha lagoa[3] e Gran Neuquén (norte e sur) e HIBEPA (que integra os barrios Independencia, Belén, Hipódromo e Alma Fuerte) estes últimos ao pé da meseta. Por último, e en límite con Plottier, atópase Valentina Norte (rural e urbano). Este último inclúe o Aeroporto Internacional Presidente Perón.

Notas

  1. http://www.muninqn.gov.ar/ceim/censos/Población_por_Barrio.pdf Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Municipalidad de Neuquén Secretaría de Desarrollo Local, Dirección Municipal de Desarrollo Local, Estadísticas y Censos Centro de Estadística e Información Municipal, Censos, Densidad
  2. http://www.muninqn.gov.ar/ceim/censos/mapa_poblacion_por_Barrios.pdf Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Ibid

Véxase tamén

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]