país de Oceanía ... úas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niu...
article - Nova Zelandia

Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand i/njˈzlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.

Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés.

A xefa de Estado de Nova Zelandia é Isabel II do Reino Unido, como raíña de Nova Zelandia, e está representada por un gobernador xeral, mentres que o poder executivo é exercido polo gabinete e o Primeiro Ministro. As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo. Nova Zelandia é un país desenvolvido que se sitúa en lugares altos dentro de escalas internacionais sobre moitos temas, incluíndo a ausencia de corrupción, o nivel de educación e a liberdade económica, pero sen dúbida entre o que máis resalta, é no seu índice de desenvolvemento humano, que o sitúa sexto no mundo en 2012, e os seus índices de democracia, os cales sitúano na gran maioría das publicacións e estudos importantes como o país máis libre e co maior respecto aos dereitos civís no mundo.


  Next Page » More information about  

 Nova Zelandia  







  Next Page » More information about  

 Nova Zelandia  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]