cantautora e poeta estadounidense ... Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith....
Patti Smith
Patti Smith nun concerto en Finlandia no ano 2007
Nome completoPatricia Lee Smith
Nacemento30 de decembro de 1946 (74 anos)
OrixeChicago, Illinois
CónxuxeFred Smith
FillosJackson Smith e Jesse Smith
Ocupacióncantautora, poeta, artista visual, Activista polos dereitos humanos, escritora, guitarrista, cantante, compositora, música, debuxante e fotógrafa
Xéneropunk rock, rock alternativo
Instrumento(s)voz, guitarra, clarinete
Na rede
PattiSmith.net
[ editar datos en Wikidata ]

Patricia Lee Smith, nada en Chicago (Illinois) o 30 de decembro de 1946, é unha cantautora e poeta estadounidense, máis coñecida como Patti Smith.

Traxectoria

Definida como a madriña do punk, Patti Smith inventou unha nova definición do feminino: nas súas cancións, na súa poesía, proxectouse como lesbiana, andróxina, home, mártir, Deus-Muller.

En 1955, o mesmo ano no que nacía o rock and roll, a cantautora trasladouse a Nova Jersey. Súa nai era testemuña de Xehová, e seu pai ateo, un feito que a marcou profundamente, dándolle unha dobre visión de Deus, unha visión que percorre todo o seu traballo. Apaixonada pola vida e pola obra de Arthur Rimbaud e Jean Genet, en 1967 mudou a Nova York, onde coñeceu o pintor Robert Mapplethorpe, con quen viviu durante un tempo. Anos máis tarde, a cantautora trasladouse a París coa súa irmá, onde traballou nas rúas como performance artist. Durante os anos setenta foi abrindo camiño no mundo do teatro e da poesía underground mentres lles abría o pano a bandas como The New York Dolls, escribía cancións para Blue Oyester Cult, ou publicaba os seus primeiros poemas nun festival en honor a Rimbaud.

En 1975 e coa colaboración de John Cale, Patti Smith gravou o seu primeiro disco, Horses, un disco cuxa portada a constituía unha foto feita por Mapplethorpe, na que Smith non era nin home nin muller. Un ano despois aparecía o seu segundo traballo, Radio Ethiopia, no que mesturaba a linguaxe relixiosa co rock and roll e no que Genet era a súa máxima inspiración. Máis tarde virían Easter (1978) e Wave (1979).

Ata 1996 Smith estivo recluída en Detroit. Casada con Fred “Sonic” Smith, con quen tivo dous fillos, a cantautora decidiu editar en 1988 un disco dunha soa tirada, Dream of Live, ao que seguirían Gone Again en 1996, editado logo da morte do seu home; Peace and Noise en 1997; Gung Ho no 2000; Trampin' no 2004; e Twelve no 2007.

Discografía

Álbums

ÁlbumAnoSelo
Horses1975Arista Records
Radio Ethiopia1976Arista Records
Easter1978Arista Records
Wave1979Arista Records
Dream of Life1988Arista Records
Gone Again1996Arista Records
Peace and Noise1997Arista Records
Gung Ho2000Arista Records
Trampin'2004Columbia Records
Twelve2007Columbia Records
Banga2012Columbia Records

Recompilatorios

Obra

  • Seventh Heaven (1972). Poesía.
  • Witt (1973). Poesía.
  • Woolgathering (1992). Poesía.
  • Babel. Poesía. Ed. Anagrama, 1996.
  • The Coral Sea (1996). Poesía.
  • Strange Messenger, exposición de arte publicada como libro no 2003.
  • Auguries of Innocence (2005). Poesía.

Filmografía

  • Patti Smith. Dream of life . Documental sobre a artista dirixido por Steven Sebring, quen filmou a artista durante once anos, desde 1996 a 2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]