país da Europa central ... s da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia pol...
article - Polonia

Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI),  escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar]. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes, o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.

O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznan, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da primeira guerra mundial, mais volveuna perder trala segunda guerra mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II guerra mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).


  Next Page » More information about  

 Polonia  







  Next Page » More information about  

 Polonia  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]