... A pota, choupa ou voador é un molusco cefalópodo mariño, da orde das Teuthidas, suborde Oegopsina. O nome procede da palabra catalá pota, que quer dicir pouta....

A pota, choupa ou voador é un molusco cefalópodo mariño, da orde das Teuthidas, suborde Oegopsina. O nome procede da palabra catalá pota, que quer dicir pouta.

Características

Como os demais cefalópodos, as potas teñen cabeza diferenciada, simetría bilateral, manto, oito brazos con función alimenticia e dous tentáculos máis longos con función reprodutiva.

Perderon a cuncha dos seus devanceiros na evolución, conservando só unha pluma no interior do manto que serve para lles dar rixidez e apoio dos músculos. Malia teren dúas aletas, estas xeralmente non son o seu medio de propulsión, senón que a conseguen exectando auga a presión a través dun sifón.

Son grandes nadadoras, e algunhas especies poden 'voar' en distancias curtas fora da auga[1] .

A pel está cuberta de cromatóforos, o que lles permite camuflar a súa cor cos seus arredores.

Especies da familia

Voador

Os nomes comúns de potas, voadores e choupas úsanse de xeito colectivo para unha ampla familia de cefalópodos, entre os que se atopan os Todarodes sagittatus, os Illex coindetti e os Todaropsis eblanae.

Pesca e comercialización

A pesca das potas é por arrastre en altura, e usando poteiras cando se fai en baixura. Son especies con valor comercial polo seu uso gastronómico, similar ao das luras pero de menor calidade. Son obxecto de grande comercialización e consumo en forma de aneis conxelados, para o seu cociñado á romana.

Notas

  1. Jabr, F. 2010. Fact or Fiction: Can a Squid Fly Out of the Water? Scientific American, August 2, 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]