programa que manexa os recursos de hardware e software ... Un sistema operativo (S.O.), é o software de sistema que manexa os recursos de hardware e software e fornece servizos comúns para os programas informáticos. O sistema operativo é un compoñente es...

Estrutura en capas mostrando a posición dun Sistema Operativo típico nos sistemas de software empregados nos escritorios. Por orde, usuario, aplicacións, sistema operativo, hardware.

Un sistema operativo (S.O.), (en inglés operating system OS) é o software de sistema que manexa os recursos de hardware e software e fornece servizos comúns para os programas informáticos. O sistema operativo é un compoñente esencial para un sistema informático.

Funcións

Android 4.2 "Jelly Bean" nun Nexus 4.

As funcións dun sistema operativo son:

  • 1 Proporcionar a interface co ordenador sobre unha pantalla en forma de:
    • intérprete de comandos (a interface usuario-ordenador): permite que o usuario se poida comunicar co ordenador, xa sexa mediante unha liña de comandos ou mediante gráficos:
    • chamadas ao sistema (a interface aplicación-ordenador): ver o punto 4
  • 2. Administrar os dispositivos hardware do ordenador. Cando se executan os programas, estes necesitan utilizar a memoria, o monitor, as unidades de disco, os portos de entrada/saída (impresoras, módems etc.) O SO serve de intermediario entre os programas e o hardware.
  • 3. Administrar e mantén os sistemas de arquivos dos discos. Os SO agrupan a información dentro de compartimentos lóxicos para almacenala no disco, chamados arquivos ou ficheiros. O SO mantén unha lista dos ficheiros dun disco, e proporciónanos as ferramentas necesarias para organizar e manipulalos.
  • 4. Xestionar as chamadas ao sistema: Proporciona servizos a outros programas, a través de librerías que conteñen tales servizos, que permiten ás aplicacións executar os comandos do sistema operativo. Estas instrucións coñécense coma "chamadas do sistema"

Histórico de sistemas operativos

Principais sistemas operativos

Os sistemas operativos máis empregados para uso persoal e de oficina son os sistemas operativos privativos Windows, producido pola compañía Microsoft, e, en menor medida, Mac OS X, producido pola compañía Apple. Os sistemas operativos libres contan co dominio do mercado en servidores e supoñen xa unha alta porcentaxe do uso de ordenadores persoais. O máis popular e coñecido destes é Linux ou GNU/Linux inda que outros sistemas operativos coma os BSD contan cun nicho de uso particular. Os sistemas operativos libres caracterízanse por poder escolle entre varios ambientes de escritorio tento aspectos a simple vista bastante diferentes, inda que se traten do mesmo sistema operativo. Os ambientes de escritorio máis populares son KDE e GNOME.

Virtualización de sistemas operativos

VirtualBox v4.1.8 executando Kubuntu 11.04 en Windows 7.

A utilización de hardware cada vez máis potente e sistemas operativos máis complexos fixo a necesidade de normalizar os recursos dos sistemas informáticos de xeito que é posible empregar máis dun sistema operativo na mesma computadora. Este uso, chamado virtualización, permite simular o contorno de traballo de xeito que dentro dun sistema operativo emprégase outro compartindo recursos. Empregando software de virtualización non só é posible utilizar sistemas operativos como Windows, Linux e Mac X tamén poden utilizarse versións vellas de sistemas operativos ou sistemas operativos de teléfonos móbiles.

Os sistemas máis empregados son:

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]