equipo de balonmán galego ... de Redondela. Por motivos de patrocinio, na tempada 2021-2022 denomínase S.A.R Plastic Omnium o equipo masculino e S.A.R. Rodavigo o feminino. Foi fundado o 6 de agosto de 1963, malia que non se pro...
S.A.R
Nome completoSociedade Atlética Redondela
CidadeRedondela, Galicia
Historia1963-
Fundado1963
PavillónPavillón de A Bombonera Redondela
Presidente Aurelio Krook Moldes
Adestrador -
CompeticiónDivisión de Honor Plata (F) 1ª Nacional (M)
Cores          Negro e verde
Local
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

A Sociedade Atlética Redondela, tamén coñecida polo seu acrónimo S.A.R. Balonmán , é un equipo de balonmán da vila pontevedresa de Redondela. Por motivos de patrocinio, na tempada 2021-2022 denomínase S.A.R Plastic Omnium o equipo masculino e S.A.R. Rodavigo o feminino.[1] Foi fundado o 6 de agosto de 1963, malia que non se produciu o debut en competicións oficiais até 1964. O seu primeiro presidente foi Pedro Regojo Otero, fundador da empresa téxtil homónima, quen tamén patrocinaba ao equipo.

Na tempada 2021-2022 milita na Primeira Nacional o equipo masculino, e en División de Honor Prata o equipo femenino. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de A Bombonera.

Historia

A fundación da Sociedade Atlética Redondela produciuse no ano 1963, da man do empresario redondelán José Regojo.

Daquela, a primeira directiva estivo formada polos seguintes integrantes:

  • Presidente: Pedro Regojo Otero
  • Vicepresidente: Lino Velo Amaro
  • Secretario: Antonio Soto López
  • Tesoureiro: Alfonso Figueiral Hermida

Catro anos máis tarde, cando o equipo masculino xa tivera unha bagaxe de tres anos dende o seu primeiro partido oficial, formouse a categoría absoluta feminina do club.

Na tempada 2017/2018 e equipo infantil masculino que estaba na segunda categoría quedou campión deste campionato co que logrou un pase para a fase final, que se disputou en Cangas. Nesta fase o equipo infantil logrou quedar entre os dous primeiros o que lle permitiu acceder ao campionato de España de balonmán nesa categoría.

Escudo e cores

Escudo da S.A.R.

O escudo da SAR fica conformado por unha esfera con fondo branco sobre a que se asenta unha cuncha de vieira amarela, con trazos negros nas marxes. Na periferia da circunferencia branca, e arrodeándoa, debúxase unha liña verde que percorre o perímetro case na súa totalidade, unicamente interrompida polas siglas "SAR" en cor negra e maiúsculas.

Cando a SAR xoga os seus partidos como local, independentemente da categoría, os partidos disputanse cunha camisola verde e un pantalón negro. Cando e necesario usar a segunda equipación, esta conformase por un pantalón negro e unha camiseta negra.

Equipo

Equipo masculino e feminino na tempada 2020/2021

Masculino

O xogador Lois Lago Docampo realizando un lanzamento nun partido.

Na tempada 2020-2021 o equipo masculino de Primeira Nacional está conformado polos seguintes xogadores:

Posto País Xogador
POR Daniel Pereira Cadilla "Calvilla"
POR Anxo Fraga Bouzas "Ansu"
POR Pablo Sanchez Nogueira
EXT Manuel Piñeiro Otero "Manupin"
EXT Alexandre Cernadas Rial
EXT Mateo Arias Buceta
EXT Hugo López Miguez
EXT David Vazquez Taboas
24 LAT Lucas Bouzón Veiga
LAT Lois Lago Docampo "Risitas"
LAT Gabriel Pazos González "Gabo"
LAT Manuel Ferreira Crespo
LAT Angel Perez Bouzas "Finnbogason"
LAT Francisco Javier Vidal Vilarchan
CEN Ivan Vazquez Darriba
CEN Javier Rivas Aldao
PIV Iago Vidal Ribeiro
PIV Ricardo Dominguez Otero

Femenino

Na tempada 2021-2022 o equipo feminino de División de Honor Prata está conformado polas seguintes xogadoras:

Posto País Xogador
POR Adriana Ayude Tilve
POR Cecilia Rodriguez Gesteira
POR Lucia Vazquez Novoa
EXT Sara González Abal
EXT Xeila Fervenza Rodriguez
EXT Ainoa Crespo Novos
EXT Ana Senra Paz
81 LAT Estafania Vilas Rueda
LAT Goretti Miguel Crespo
LAT Lucia Perez Montero
LAT Lara Patiño Otero
LAT Carmen Fernández Veloso
CEN Elsa Docampo Dorado
CEN Maria Pexegueiro Estévez
PIV Uxia Alfaya Saavedra
PIV Zaida González Silva
PIV Noelia Solla Prado

Notas

  1. Federacón Galega de Balonmán (ed.). "Team Card". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]