humorista e actor galego ... Xosé Luís Bernal López, coñecido polo seu alcume Farruco, nado en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1942, é un humorista e actor galego....
Xosé Luís Bernal López
Xosé Lois Bernal na gala de entrega dos premios María Casares do 2014.
Nome completoXosé Luís Bernal López
Alcume/outrosFarruco
Nacemento15 de abril de 1942
LugarSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor, presentador
[ editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís Bernal López, coñecido polo seu alcume Farruco, nado en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1942[1] , é un humorista e actor galego.

Traxectoria

De novo traballou na ferraxaría dos seus pais en Santiago con escapadas a feiras e festas para facer actuacións. Durante o servizo militar fixéronlle un consello de guerra por indisciplina. Librou por intervención eclesiástica. Dedicouse a facer actuacións e monólogos humorísticos en galego. Algúns dos cales foron gravados e vendíanse en cintas de casete o que lle deu grande sona.

Colaborou con diversas emisoras de radio como a Cadena SER, COPE, Onda Cero ou a Radio Galega. Como actor participou en filmes como Divinas palabras, Entre bateas, Sei quen es e A vida que che espera e en series como Terra de Miranda. Actualmente (2010) Farruco está a traballar no programa da TVG Vivir aquí, un programa en que a xente denuncia sucesos.

Farruco no Land Rober
Xosé Luís Bernal sinalando a portada dunha gravación dos seus chistes no programa Land Rober Tunai Show.

En outubro de 2019 o programa Land Róber Tunai Show rendeulle homenaxe.

Obra

Eles e mais eu. Compostelaneando (2020). Galaxia. 132 páxs. ISBN 978-84-9151-463-3.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

AnoCategoríaFilmeResultado
2002Mellor actor secundarioTerra de MirandaNomeado
2008Mellor comunicadorVivir aquíNomeado
2009Mellor comunicadorVivir aquíNomeado

Notas

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Bernal López, Xosé Luis (Farruco)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 67. ISBN 84-8064-113-4. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas





  Go to top  

This article is issued from web site Wikipedia. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]