... Inxustiza é a falta ou ausencia de xustiza, sexa en referencia a un evento, acto ou situación. Pode estar referida a un suxeito ou grupo social."É mellor sufrir unha inxustiza que praticala, así c...
Alegoría da inxustiza. Capitel do Palacio Ducal de Venecia

Inxustiza é a falta ou ausencia de xustiza, sexa en referencia a un evento, acto ou situación. Pode estar referida a un suxeito ou grupo social.


  • "É mellor sufrir unha inxustiza que praticala, así como ás veces é mellor ser enganado que non confiar."
- It is better to suffer wrong than to do it, and happier to be sometimes cheated than not to trust.
- The Rambler: In four volumes.. - Páxina 147, Samuel Johnson - W. Strahan [and several others], 1784
  • "Permitir unha inxustiza significa abrir o camiño a todas as que seguen".
- Willy Brandt - Proverbia
  • "Cada vez que un home defende un ideal, actúa para mellorar a sorte doutros, ou loita contra unha inxustiza, transmite unha onda diminuta de esperanza. Esas ondas crúzanse con outras desde un millón de centros de enerxía distintos e atrévense a crear unha corrente que pode derrubar os muros máis poderosos da opresión e a intransixencia."
- Discurso pronunciado con motivo do Día de Afirmación da Liberdade Académica e Humana. Universidade de Cidade de Cano, 6 de xuño de 1966
- Robert Kennedy
  • "O mago fixo un xesto e desapareceu a fame, fixo outro xesto e desapareceu a inxusticia, fixo outro xesto e acabouse a guerra. O político fixo un xesto e desapareceu o mago."
- Woody Allen
  • "En canto alguén comprende que obedecer leis inxustas é contrario á súa dignidade de home, ningunha tiranía pode dominalo."
- Mohandas Mahatma Gandhi
  • "Xamais vin unha persona xusta cometer inxustizas polos seus ideais, pero vin moitas persoas xustas cometer inxustizas en nome da lei."
- Fernando Cervera
  • "A inxustiza é unha nai nunca estéril: sempre produce fillos dignos dela."
- Adolphe Thiers
  • "Nada se parece tanto á inxustiza como a xustiza tardía."
- Séneca
  • "Non soporto a inxustiza. Por iso me atraen os homes de paz. Fago moito por controlarme; admiro a xente que transforma a rabia en paz."
- Paul Hewson, alcumado Bono, cantante de Rock.
  • "Unha inxustiza feita a un individuo é unha ameaza feita a toda a sociedade."
- Montesquieu
  • "Unha inxusticia feita en prexuízo dun só é unha advertida ameaza contra todos."
- Ralph Waldo Emerson
  • "Acepto a injustiza como acepto que unha pedra non sexa redonda"
- Fernando Pessoa
  • "A verdade, creo que a vida é inxusta porque a creo un carpinteiro, e non un xuíz."
- I. Fernandez
  • "É preferible a inxustiza á desorde."
- Goethe

Véxase tamén

wikipedia
Vexa o artigo da Wikipedia acerca de inxustiza
Wikipedia
Vexa a entrada no Wiktionary acerca de inxustiza




  Go to top  

This article is issued from web site Wikiquote. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]