novela de Carlos Casares ... O sol do verán é unha novela de nove capítulos, en lingua galega, do ourensán Carlos Casares, publicada por Galaxia en 2002....

Albert Paris Gütersloh, 1918. Schiele era un dos pintores favoritos de Casares. Coas súas obras ilustráronse as cubertas de varias edicións dos seus libros. Esta é a portada de O sol do verán.

O sol do verán é unha novela de nove capítulos, en lingua galega, do ourensán Carlos Casares, publicada por Galaxia en 2002.


Capítulo "III"


"Aqueles labios ían deixando saír palabras cada vez máis suaves, como paxaros piando ó caer da tarde, e aquela suavidade de atardecer tranquilo, de hora de Ángelus, penetraba pouco a pouco dentro de min, igual que se eu escoitase pola gorxa, e non polos oídos, cun sabor de laranxa ou de limón ou de mazá."


Capítulo "IV"


"Anselmo seguiu dicindo que a súa nai estaba convencida de que ata que se escoitaba tusir os mosquitos, un non tiña o oído completo, que lle faltaba como unha herba pequeniña, que medraba na parte de dentro da orella, e que era a que permitía escoitar os ruídos máis pequenos, como ocorría tamén co canto das pulgas ou co alento dos morcegos."


"Logo explicoume que a cousa dos homes se pon dura e dereita e que a meten no sitio das mulleres, entre as pernas, que logo se moven os dous, adiante e atrás, cada vez máis de presa, para sentir gusto e que cando o gusto é moi grande, case ata marearse, ó home lle sae un líquido que entra na muller e nese líquido van uns bichiños pequenos que son os que se xuntan cos ovos delas, e logo, ó cabo de nove meses, nacen os rapaces"


Véxase tamén

Outras páxinas






  Go to top  

This article is issued from web site Wikiquote. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]