Político e economista galego ... Xosé Manuel Beiras e un político nacionalista galego....
Xosé Manuel Beiras Torrado

Xosé Manuel Beiras e un político nacionalista galego.


Citas

  • (Chorando) Vostede ven aquí (Parlamento Galego) aínda a insultar [...] á xente que está ahí arriba representando ós que padeceron aquela peste (droga), en primeira liña de fogo. Faime vostede chorar... de noxo... de carraxe... de indignación. [1]
  • Eu si que son do BNG, se cadra os que están agora no poder non son do BNG. [2]
  • Feijoo dirixe en San Caetano unha brigada de demolicións, limpeza étnica, ecocídio e socialicidio da nosa nación galega. Rajoy é o moneco do grande ventrílocuo que é a plutocracia (iso que disfrazan co nome de mercados), e Feijoo é á súa vez o moneco dese moneco, ou sexa, moneco en segundo grao. [3]
  • Fraga está gagá. É unha vella cabeza ó servizo do réxime que naceu da violencia.
  • Ese señor carece das condicións psíquicas para gobernar.
  • Jaime Mayor Oreja actúa como boicoteador e sabotador dunha solución pacífica. Considero positivo o pacto de lexislatura vasco, é unha lección democrática e de coraxe político dos nacionalistas.
  • Os imbéciles e escuros non lles fago nin caso[4]
  • Feijóo está matando máis xente que nengún grupo terrorista do estado español.[5]
  • Nota: Publicado en Twitter, referíndose aos recortes en sanidade.
  • “...isto é o debate dunha nación, a galega, subsumida nun estado que a nega, porque nos impón o dogma de fe de que nese Estado hai unha única nación, que a chaman española. [...] Así a nación galega non existe e punto, que diría Fraga Iribarne. Murguía e Otto Bauer, por caso, eran estúpidos iñorantes, e Manuel Fraga e Antonio Primo de Rivera, sabios infalíbeis. Empezamos ben. Digo empezamos, porque nesa negación da nosa identidade como nación radica a orixe ideolóxica do secular calvario e a catastrófica situación actual padecida polo pobo galego. Mais o grave é que vostedes, que disque son galegos de nación, como dirían os ilustrados do XVIII, asumen a negación que fai o estado da nación de vostedes. Do que resulta que non son nacidos, nin ben nin mal, en Galiza. Non se consideran fillos dela. Para vostedes, Galiza é un simples “territorio”, como di o título noveno da Constitución. Oitavo, perdoen. Cousa que constitúa en sinsentido en aberta contradición co feito de que un territorio é tan só a base física do asentamento do pobo que o habita. Claro, un territorio non pode ser suxeito de dereitos políticos; só un pobo pode ser tal cousa. Así tiñan resolto vostedes o problema: se Galiza é un territorio, o pobo galego non existe: é un apéndice dese territorio, que non pode ser suxeito de dereitos políticos. Ou sexa, de soberanía popular nacional. Vaites, vaites...”[6]

Citas sobre Xosé Manuel Beiras

  • "A primera vista parece un león. Y es. Pero tiene la delicadeza del ciervo, la paciencia del gato, la lealtad del perro, la solidaridad de las aves, que se ayudan en el vuelo, el sentido del honor del toro de lidia, que se crece con el castigo, y la inteligencia de los raros hombres que dan prestigio a la condición humana. Gallego tenía que ser". [7]

Notas

wikipedia
Vexa o artigo da Wikipedia acerca de Xosé Manuel Beiras




  Go to top  

This article is issued from web site Wikiquote. The original article may be a bit shortened or modified. Some links may have been modified. The text is licensed under "Creative Commons - Attribution - Sharealike" [1] and some of the text can also be licensed under the terms of the "GNU Free Documentation License" [2]. Additional terms may apply for the media files. By using this site, you agree to our Legal pages [3] [4] [5] [6] [7]. Web links: [1] [2]